O Concello da Coruña súmase a esta conmemoración lembrando que as perosas viandantes son o obxectivo primordial da mobilidade sostible.
Promovido pola OMS, o 17 de Agosto conmemórase o Día Mundial do Peón. Ese día, no ano 1896, morre atropelada por un coche en Londres Bridget Driscoll, que está considerada como a primeira vítima de tráfico atropelada por un vehículo.
O Concello da Coruña súmase a esta conmemoración lembrando que as persoas que camiñan son o centro da mobilidade sustentable. A seguridade dos viandantes é unha condición imprescindible para tentar mellorar a mobilidade.
O Plan municipal Coruña Camiña está a recuperar espazos de calidade para as persoas, zonas peonís e itinerarios seguros que facilitan os desprazamentos a pé para todos os camiñantes. Desde o inicio do mandato municipal, gañáronse máis de 35.000 m² de espazo para os peóns e está previsto gañar outros 20.000 m².
Esa procura da seguridade é o que centra o plan CoruñaToda30. A redución do número de atropelos e os efectos lesivos nas persoas é o obxectivo principal deste plan que na nosa cidade permitirá dispoñer en todas as vías polo menos dun carril con esa velocidade máxima de circulación.
Ademais das vías incluídas nas normas da DXT sobre cidades30 na Coruña xa se sinalizaron 14 quilómetros de carrís con limitación de velocidade a 30 km/h. Esta redución da velocidade máxima tamén permite a coexistencia entro os vehículos motorizados e as bicicletas e os VMP.
Na próxima Semana Europea da Mobilidade que se celebrará do 16 ao 22 de setembro incidirase na seguridade dos peóns e nos distintos aspectos que permitan conseguir que A Coruña sexa unha cidade máis doada de camiñar.
Entre outras accións, no Foro da Mesa da Mobilidade contarase coa presenza de Ana Montalbán, coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan e de Mateus Porto, arquitecto, ambos expertos na proxección e divulgación de medidas para adaptar as urbes á mobilidade peonil.
Realizarase tamén unha andaina a pé cos escolares por toda a rolda peonil coruñesa na cal a Policía Local e Stop Accidentes compartirán consellos e experiencias sobre as características do desprazamento a pé polas rúas.
Rede de Cidades que Camiñan
A Rede de Cidades que Camiñan chama ao movemento peonil para unha boa mobilidade urbana.
25 IDEAS SINXELAS PARA CELEBRAR O DÍA DO PEÓN
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible