Concello da Coruña

Concello da Coruña

Musealización cúpula de San Pedro

5 de novembro de 2020

Ábrese o prazo para presentar suxestións ou achegas ao proxecto para converter a cúpula do Monte de San Pedro en museo.

O Concello da Coruña está a executar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI). Dita estratexia ten como propósito transformar a área urbana da Coruña nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador.

A Estratexia EDUSI da Coruña está financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo 12 de desenvolvemento urbano do Programa Operativo de Crecemento Sustentable, actualmente Programa Operativo Plurirregional de España (POPE), cun coeficiente de cofinanciación do FEDER do 80%.

Unha das liñas de actuación da Estratexia, a desenvolver polo Servizo de Medio Ambiente, é a liña de actuación número 2 Memoria do bordo litoral e fluvial: recuperación de enclaves de costa, fontes, lavadoiros e cursos fluviais do municipio na que se enmarca a musealización da cúpula de San Pedro.

Preténdese crear un espazo que, aproveitando a localización, singularidade e oportunidades que brinda a Cúpula, permita aos visitantes, a nivel divulgativo comprensible e ameno, coñecer e interpretar o litoral do golfo Ártabro desde diversos ámbitos de coñecemento.

As liñas argumentais e as unidades temáticas que se pretende contemplar son as seguintes:

•Patrimonio natural

Biodiversidade

Xeoloxía e configuración

Oceanografía costeira

•Clima e calidade ambiental

Vixilancia da calidade do aire, cheiros, ruídos...

Cambio climático. Evolución da costa e perspectivas futuras

•Patrimonio cultural

Aspectos históricos das rutas marítimas

La Torre de Hércules

•Aspectos etnográficos

A pesca e marisqueo local

Navegación e control tecnolóxico actual do tráfico marítimo

•Miscelánea

Eventos puntuais e fitos relevantes da contorna

Desta forma, explícanse as liñas xerais da actuación que se pretende desenvolver, co propósito de recoller as achegas ou suxestións que os veciños, asociacións ou outras entidades desexen realizar.

Agora ábrese un prazo de 5 días hábiles para que, quen o desexe, realicen as súas achegas ou suxestións ao correo electrónico: medioambiente@coruna.es No correo electrónico deberá indicarse o nome e apelidos da persoa que realiza a achega ou suxestión así como un medio de contacto por se se considerase de interese aclarar algunha cuestión.

Documentos:

Anuncio (184 KB)

Separación de residuos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión