Concello da Coruña

Concello da Coruña

Parque Europa

O Parque Europa é un moderno xardín en terrazas con fontes, esculturas e grandes espazos abertos para o paseo e o xogo. No centro deste parque está situado o Fórum Metropolitano, punto de encontro obrigado para os amantes do lecer e a cultura.

Superficie: 1,9 hectáreas

Parque creado o ano 1994 nos terreos dos antigos depósitos de combustibles do porto. Sitúase entre as zonas de Catro Camiños e A Gaiteira. É un xardín deseñado en terrazas, con grandes espazos abertos para o paseo e o xogo. Conta con amplas áreas de céspede, un pequeno areal de xogos infantís, fontes, esculturas e canchas deportivas. No interior do parque atópase o edificio do Fórum Metropolitano, espazo cultural equipado con biblioteca municipal, centro social, salas de cinema de filmoteca, hemeroteca e centro de información xuvenil.

Especies máis destacadas:

  • Cedrus deodara (D. Don) G. Don
  • Acer pseudoplatanus L.
  • Aesculus hippocastanum L.
  • Acer platanoides L. "Crimson King"
  • Prunus cerasifera
  • Thuja plicata D. Don
  • Acer platanoides L.
  • Morus alba "Pendula"

Econsellos Sustentabilidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión