Concello da Coruña

Concello da Coruña

Recicla con Mickey, Daisy, Donald e Campaíña

Nas prazas de Lugo, Elíptica dos Rosales, Pablo Iglesias no Castrillón e nas Lagoas,

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/05/2022

Documentos:

ECOEMBES_Campaña Disney (650 KB)

ECOEMBES e a Concellaría de Medio Ambiente trouxeron á cidade, un ano máis, colectores que lembran a personaxes de Disney para concienciar aos máis pequenos da casa da necesidade de reciclar todo o vidro que sobra nos nosos fogares.

Da man de Donald, Campaíña, Mickey e Daisy nas prazas de Lugo, Elíptica dos Rosales, Pablo Iglesias no Castrillón  e nas Lagoas, convidarán a pequenos e maiores a depositar o vidro doméstico coa intención de darlle unha segunda vida e sacalo así do colector inorgánico (tapa amarela) onde a súa recuperación xa sería do todo imposible.

Os iglús da campaña atópanse en:

  • Mickey: praza Pablo Iglesias (acceso rúa Bergondo)
  • Campaíña: praza de Lugo (xunto a Bershka)
  • Donald: praza As Lagoas (fronte parque infantil)
  • Daisy: Praza Elíptica (xunto a parque infantil)

A participación nesta campaña de ECOEMBES permite entrar nun sorteo dunha viaxe a Eurodisney (para máis información contactar con ECOEMBES).

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión