Concello da Coruña

Concello da Coruña

Modificación da Ordenanza de xestión de resíduos municipais e limpeza viaria

En vigor a modificación da Ordenanza de xestión de resíduos municipais e limpeza viaria que engade o artigo 74 bis relativo á limpeza de grafittis.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/04/2021

Este evento xa rematou

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Ordenanza modificada 2020 (668 KB)

O Pleno do Excmo. Concello da Coruña, en sesión ordinaria celebrada o día 1 de outubro do 2020, aprobou inicialmente a modificación da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello da Coruña.

A dita aprobación inicial foi publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 174, de 19 de outubro do 2020, co obxecto do seu sometemento a información pública por un prazo de trinta días.

Transcorrido o período de trinta días sen que se teñan presentado alegacións, reparos, reclamacións ou observacións á aprobación inicial, enténdese definitivamente aprobada a modificación da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello da Coruña.

Así, queda engadido o artigo 74 bis á Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello da Coruña, que entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de 15 dias hábiles desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, coa seguinte redacción:

"1. O Concello efectuará traballos de limpeza de pintadas e graffitis no mobiliario urbano, muros, paredes de edificios, fachadas, estatuas, monumentos e, en xeral, calquera elemento integrante da cidade, segundo a súa propia organización e programación, para manter as debidas condicións de limpeza e ornato público do municipio.

2. As labores de limpeza, sobre elementos de titularidade non municipal, so se realizarán naquelas elementos que linden con espazos de uso público, e realizaranse con cargo as persoas responsables da comisión da infracción que comporta a realización da pintada ou graffiti. Así, no caso de que sexan identificadas as persoas responsables da realización da pintada ou graffiti, o Concello tramitará o correspondente procedemento sancionador e esixirá o resarcimento dos custes da correspondente limpeza.

Estas actuacións de limpeza serán sempre discrecionais para o Concello e condicionadas á dispoñibilidade de medios, a complexidade da actuación e a natureza do elemento a limpar.

3. O Concello actuará de forma directa nos traballos de limpeza de pintadas e graffitis no mobiliario urbano, muros, paredes de edificios, fachadas, estatuas, monumentos e, en xeral, calquera elemento integrante da cidade.

Naqueles casos nos que, pola natureza da pintada ou graffiti, pola natureza do elemento onde están realizadas ou por outra circunstancia relevante, se considerase necesario, solicitarase do titular do dito elemento a autorización a que o Concello realice a limpeza e a que o exima de responsabilidade polos resultados ou posibles danos derivados da limpeza a realizar.

4. As previsións aquí contempladas en relación os elementos de titularidade non municipal realízanse sen prexuízo da posibilidade de ditar ordes de execución os seus titulares, cando así se considere oportuno e necesario, de conformidade coa normativa vixente e tendo en conta a responsabilidade última que teñen os titulares sobre a conservación e mantemento dos elementos da súa titularidade".

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión