Concello da Coruña

Concello da Coruña

Listaxe admitidos/as no procedemento de autorizacións para as ecohortas dos parques Oza e Carlos Casares

Aprobado o listado definitivo das entidades admitidas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/03/2021 ata o 10/04/2021

Este evento xa rematou

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Resolución definitiva 10.03.2021 (122 KB)

O Servizo de Medio Ambiente está a tramitar o procedemento para a concesión de autorizacións para o uso de hortas urbanas no Parque de Oza e no Parque Carlos Casares, a favor de asociacións sen ánimo de lucro, de acordo co disposto nas bases reguladoras da citada convocatoria, publicadas no BOP do 22 de decembro de 2020.

Con data 22 de febreiro do 2021, publicouse na páxina web municipal (www.coruna.es/medioambiente) a relación provisional de entidades admitidas no procedemento para a concesión de autorizacións para o uso das hortas urbanas no Parque de Oza e no Parque de Carlos Casares, outorgándoselles un prazo de dez días para a subsanación da solicitude.

Unha vez rematado o prazo para a subsanación de solicitudes, e revisada a documentación achegada polas entidades, publícase a seguinte relación definitiva de entidades admitidas:

AUTORIZACIÓN DE USO DE HORTA URBANA NO PARQUE DE OZA:

- Asociación de Leira na Leira (G01978741) 

AUTORIZACIÓN DE USO DE HORTA URBANA NO PARQUE DE CARLOS CASARES:

- Asociación de Leira na Leira (G01978741)

- Asociación Ecos do Sur (G15354483)

- Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto (G15038243)

De conformidade co establecido no punto 9 das bases reguladoras da convocatoria, a Comisión de Valoración das propostas presentadas, estará integrada polo seguinte persoal técnico, adscrito á Area de Medio Ambiente: Angelika Lorenzen Ketterling e M.ª Lourdes Isasi (de) Zaragoza.

Unha vez rematada a valoración, ditarase a resolución do procedemento establecendo as entidades adxudicatarias das hortas do parque de Oza e do parque Carlos Casares e a listaxe das entidades de reserva e será publicada na páxina web municipal (www.coruna.es/medioambiente), de acordo coas previsións do artigo 45 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión