Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consulta pública sobre o proxecto de acondicionamento ambiental do río de Quintas ao seu paso por Santa Gema

Durante 15 días hábiles poderanse presentar suxestións e propostas sobre o proxecto de acondicionamento do leito e a marxe do río

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/09/2022 ata o 30/09/2022

Xa rematou

O Concello da Coruña conta co Proxecto de acondicionamento ambiental do Río de Quintas no barrio de Santa Gema, con data de redacción de setembro de 2016, e importe de execución, IVE incluído, de 169.172,92€. Co obxecto de promover a participación pública e recoller a opinión da veciñanza, asociacións e outras entidades, quere someterse o citado proxecto a consulta pública.

O prazo de duración da consulta será de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, estendéndose ate o vindeiro 30 de setembro. As suxestións, propostas, etc. remitiranse ao enderezo electrónico medioambiente@coruna.gal. No correo electrónico deberá indicarse o nome e apelidos da persoa que realiza a presentación así como un medio de contacto, por se se considerara de interese a aclaración dalgunha cuestión.

Consulta o Proxecto na sección de Documentos e informes ambientais dentro do apartado Natureza e biodiversidade

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión