Concello da Coruña

Concello da Coruña

Autorizado o uso das ecohortas dos parques Oza e Carlos Casares

A Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-A Torre e a Asociación Leria na Leira recibirán o vindeiro 18 de xuño as chaves para o acceso ás ecohortas, unha vez acondicionadas para o seu uso.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/06/2021 ata o 18/06/2021

Este evento xa rematou

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Resolución autorización 13.04.2021 (132 KB)

O Servizo de Medio Ambiente ven de tramitar o procedemento para a concesión de autorizacións para o uso de hortas urbanas no Parque de Oza e no Parque Carlos Casares, a favor de asociacións sen ánimo de lucro, de acordo co disposto nas bases reguladoras da citada convocatoria, publicadas no BOP do 22 de decembro de 2020.

Unha vez rematada a valoración, ditouse a resolución do procedemento establecendo as entidades adxudicatarias das hortas do parque de Oza e do parque Carlos Casares e a listaxe das entidades de reserva.

A resolución da Concelleira Delegada de Medio Ambiente autoriza o uso das hortas urbanas do Parque Carlos Casares á Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-A Torre (G15038243) e o uso das hortas urbanas do Parque de Oza á Asociación Leria na Leira (G01978741).

Ademáis resolveuse aprobar a seguinte lista de reserva para as hortas urbanas do Parque Carlos Casares:

  • Asociación Ecos do Sur (G1535448E): 11 puntos
  • Asociación Leria na Leira (G01978741): 9 puntos.

A duración da autorización será de dous anos, prorrogables por dous anos máis, previa solicitude da entidade adxudicataria antes da finalización do prazo de duración inicial.

As entidades autorizadas deberán presentarse o vindeiro venres 18 de xuño ás 11.30h na oficina do Servizo de Medio Ambiente, do Concello da Coruña (CASA DEL AGUA, edificio EMALCSA, Manuel Murguía, s/n, 5º andar) para recoller as chaves das ecohortas asignadas e recibir información precisa sobre o seu uso.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión