A entrega de chaves aos interesados terá lugar entre o 11 e o 13 de maio nas oficinas as oficinas do Servizo de Medio Ambiente
Para público en xeral
Dende o 09/05/2022 ata o 13/05/2022
Xa rematou
O Servizo de Medio Ambiente rematou a pasada semana os traballos de mellora das hortas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Parque de Eirís, entre os que cabe salientar a ampliación do número de parcelas nas hortas, a creación de espazos comúns, a instalación de pérgolas, o aumento do número de mesas e bancos, a creación, en cada unha das tres hortas, dunha parcela de uso común que se destinará aos aproveitamentos que, conxuntamente, decidan as persoas adxudicatarias, así como a creación de amplas superficies comúns pavimentadas nas que a comunidade de persoas hortelás poderá instalar pequenos invernadeiros.
Con estas actuacións de mellora levadas a cabo búscase convertir as hortas urbanas coruñesas en espazos de convivencia que permitan ás persoas adxudicatarias o uso e a participación responsable na súa xestión.
Unha vez rematado o procedemento de adxudicación das parcelas e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publícase o listado de persoas adxudicatarias e das incluídas na lista de agarda.
A entrega das chaves realizarase nas dependencias do Servizo de Medio Ambiente, sito na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga) en horario de 08:30 a 14:30 horas, nas seguintes datas:
- Mércores 11.05.2022: Parque de Eirís
- Xoves 12.05.2022: Parque de Agra do Orzán
- Venres 13.05.2022: Parque de Novo Mesoiro
A adxudicación das parcelas e mesas de cultivo do Parque Adolfo Suárez publicarase unha vez finalizadas as obras, cuxa duración estimada é duns cinco meses.
Coa publicación da Resolución de adxudicación definitiva das hortas urbanas e creación da lista de agarda péchase o prazo para a presentación de novas solicitudes de inclusión na dita lista de agarda.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible