Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xullo de 2021

O Concello inviste máis dun millón de euros na mellora do Ventorrillo

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá o barrio e anunciou as novas actuacións que o Goberno local acometerá na zona. Asegurou que xa executou actuacións por valor de 700.000 euros e anuncioulles a reurbanización do espazo público no ámbito do ARI do Ventorrillo, cun investimento de 380.000 euros, e a renovación e ampliación das zonas verdes da rúa Monasterio de Caaveiro.

Tal e como explicou na súa visita ao Ventorrillo a alcaldesa da cidade, Inés Rey, -acompañada do concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, a concelleira de Barrios, Diana Cabanas e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán-  o Concello destina máis dun millón de euros no Ventorrillo. Asegurou que xa executou actuacións na zona por valor de case 700.000 euros.

Entre outras obras, nos dous anos de mandato renovouse a rúa Alcalde Liaño Flores (279.454 euros), asfaltouse a estrada entre o Ventorrillo e Penamoa (48.219 euros), interveuse no saneamento da rúa Alcalde Peñamaría de Llano (11.000 euros), mellorouse a fachada e a accesibilidade do CEIP Raquel Camacho e a súa contorna (309.589 euros), renovou o sistema de ventilación e o de iluminación exterior da Escola Infantil da Agra (15.000 euros, arranxouse e adaptouse a instalación eléctrica no Centro Cívico Pescadores (21.000 euros) e mellorouse o rego automático no paseo do Ventorrillo - Salorio Suárez (3.000 euros).

A alcaldesa anunciou que o Concello renovará e ampliará as zonas verdes da rúa Mosteiro de Caaveiro. Realizaranse "unha serie de melloras para naturalizar e humanizar máis a zona, seguindo a liña que sigue este Goberno local, que é "a de facer protagonista a todos os barrios da cidade, crear novos espazos para o paseo e a convivencia, recuperar zonas abandonadas e aumentar as zonas verdes que poñan en valor os barrios", dixo. A humanización da rúa Mosteiro de Caaveiro conleva o aproveitamento de pequenos espazos instalando xardineiras ou macizos de plantas, a replantación de novas especies nas zonas xa axardinadas, o arranxo de alcorques, a plantación de árbores de porte pequeno para non causar molestias nas vivendas e a recolocación dos contedores do lixo co fin de gañar espazos para as persoas e recuperar zonas abandonadas.

Na visita desta mañá, as e os representantes municipais reuníronse coa Asociación Veciñal do Ventorrillo para escoitaren as súas demandas, supervisaren as actuacións xa realizadas e explicar os novos proxectos en marcha, que suporán un investimento importante para este barrio. "É necesario seguir traballando, proxectando e investindo en barrios consolidados para mellorar as condicións de vida da cidadanía atendendo ás demandas veciñais, escoitando e recollendo as súas propostas, que son a nosa correa de transmisión", apuntou a rexedora.

A entidade veciñal do Ventorrillo vén de solicitar ao Concello a reurbanización da rúa Alfredo Tella e unha nova zona de calistenia para facer exercicio no barrio. O Goberno local xa está a estudar ambas as peticións. Tamén a reurbanización do cruzamento de Mosteiro de Toxos Outos con Agra da Bragua. Por outra banda, o Executivo local está xa proxectando a reurbanización do espazo público no ámbito do ARI do Ventorrillo, cun investimento de 380.000 euros.

A alcaldesa indicou que, nestes dous anos, realizáronse ademais numerosas melloras puntuais no espazo público, "algunhas en fase de execución nestes días", como a colocación de bolardos, a sinalización de prazas de estacionamento, melloras nos colectores de lixo, a instalación de bancos ou unha nova zona de estacionamento para bicicletas no local da asociación veciñal.

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión