Concello da Coruña

Concello da Coruña

Punto Limpo Móbil

O obxectivo do punto limpo móbil é facilitar aos veciños e veciñas da Coruña a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Nunha zona concreta da cidade situarase un vehículo que dispoñerá dunha plataforma traseira móbil, esta abrirase en dúas metades deixando un corredor central para poder acceder aos colectores específicos para cada tipo de residuo.

Este servizo serve para depositar pequenas cantidades de residuos perigosos do fogar, para o resto, como papel e cartón, plásticos, etc. xa hai colectores nas rúas e outros servizos, como o de recollida diaria de mobles.

Neste vehículo haberá un operario que axudará aos cidadáns para depositar cada residuo no colector correspondente.

Residuos admisibles:Residuos NON admisibles:
  • Aceite doméstico
  • Baterías e acumuladores de Nin-Cd
  • Produtos fotoquímicos (Radiografías, CD, DVD..)
  • Cristal
  • Tubos fluorescentes
  • Envases metálicos e plásticos contaminados baleiros (pinturas, vernices..).
  • Tóner e cartuchos de tinta
  • Tecidos (roupa)
  • Pequenos aveños do fogar (mobles pequenos de madeira).
  • Envases aerosois
  • Equipos eléctricos e electronicos que conteñen compoñentes perigosos (Televisores, computadores, teléfonos móbiles, etc.)
  • Pequeno aparello eléctrico e electrónico (microondas, lámpadas, batidoras, etc.)
  • Cascallos
  • Madeira
  • Pneumáticos
  • Papel e cartón
  • Plásticos
  • Poliespán
  • Restos de poda

Horario: martes a sábado de 09:00 h. a 14:15 h.

LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

Decembro

Zona Os Mallos

  • Días 1, 2 e 3 (martes, mércores e xoves): Cale Capitán Juan Varela (praza Audiencia Provincial)

Zona Cidade Vella

  • Días 4 e 7 (sábado e martes): Campo da Estrada (lateral Residencia Militar)

Zona Os Castros

  • Días 9 e 10 (xoves e venres): Avenida do Exército confluencia con Avenida de Oza (zona glorieta)

Zona Mesoiro

  • Día 11 (sábado): Rúa Illas Sisargas (fronte ao Supermercado Eroski)

Zona Elviña

  • Días 14 e 15 (martes e mércores): Praza Luís Seoane (zona Edificio Adms. Xunta - acceso aparcadoiro)

Zona Os Rosales

  • Día 16 (xoves): Praza Elíptica

Zona Monte Alto

  • Días 17 e 18 (venres e sábado): Parque de Marte

Zona Gaiteira

  • Días 21 e 22 (martes e mércores): Rúa Gaiteira (á altura do nº 31)

Zona Agra do Orzán

  • Días 23 e 24 (xoves e venres): Praza das Conchiñas

Zona Castrillón

  • Días 28 e 29 (martes e mércores): Praza Pablo Igrexas

Zona Lonzas

  • Días 30 e 31 (xoves e venres): Avenida de Cádiz (zona parque infantil)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión