Concello da Coruña

Concello da Coruña

O 72 % das parcelas de San Pedro de Visma incluídas no Plan de prevención de incendios de 2021 están limpas

De acordo co Plan de prevención de incendios as parcelas deben de estar correctamente xestionadas a 31 de maio de cada ano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/07/2022 ata o 30/09/2022

Xa rematou

O Concello da Coruña, como en anos anteriores, e no marco do convenio interadministrativo coa Xunta, Fegamp e Seaga, está inmerso na campaña de prevención de incendios.

Dentro desa campaña cobra especial relevancia a zona de San Pedro de Visma, incluída no distrito 2 da cidade, declarada como de alta actividade incendiaria. Por ese motivo ten especial relevancia que os cidadáns e cidadás propietarios de terreos na devandita franxa xestionen a biomasa vexetal das súas parcelas conforme aos termos previstos na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

No último ano, o Concello requiriu na devandita parroquia aos propietarios de máis de 130 parcelas a limpeza das súas leiras, 54 delas no marco do Plan de prevención de incendios 2021. Destas últimas, limpáronse voluntariamente ou mediante execución subsidiaria por parte de SEAGA 39 predios, o que supón o 72 % das leiras requiridas no Plan de prevención de incendios do ano pasado.

O Plan de incendios, que abrangue toda a cidade, e que implica que se debe xestionar a biomasa adecuadamente e eliminar as especies arbóreas prohibidas (disposición adicional 3ª da Lei 3/2007, fundamentalmente piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, silveiras...) nunha franxa de 50 metros desde chan urbano, de núcleo rural e urbanizable, edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineiras e instalacións industriais, entre outros.

Na actualidade está en marcha o Plan de prevención de incendios 2022 que supoñerá o control de 91 leiras en San Pedro de Visma.

Esta actividade complétase co seguimento habitual dos soares non incluídos no Plan de prevención de incendios por parte do Servizo de Medio Ambiente que supuxo, no último ano, o requirimento aos propietarios de máis de 70 parcelas do distrito 2.

Separación de residuos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión