Concello da Coruña

Concello da Coruña

Colonias felinas coruñesas

Chámase colonia felina á agrupación de gatos da rúa que viven en liberdade en contornas urbanas controladas, nas que se lles permite vivir en liberdade, sendo alimentados, desparasitados, controlados e vixiados por asociacións protectoras sen ánimo de lucro.

Ditas colonias xestiónanse a través do método CES (Captura-Esterilización-Solta), tras o cal se lles realiza un corte na orella (esquerda ou dereita dependendo do sexo) de forma que poidan ser identificados visualmente como gatos esterilizados e controlados.

Actualmente, e tras a instalación de novas casetas e cartelaría informativa na rúa Petunias (Barrio das Flores) e na avda. de Monelos, hai no municipio dezaoito colonias, xestionadas por catro asociacións (Gatuchinhos, Felinos Felices, Coruña Gatuna e Micos e Nós). Todas elas asinaron un convenio de colaboración co Concello da Coruña mediante o cal se lles autoriza e acredita para o coidado diario dos felinos, así como para a súa captura, esterilización e solta.

Estas son as colonias existentes tras as novas incorporacións:

Asociación Gatuchinhos

  • Colonia rúa Regata Cutty Sark
  • Colonia Paseo Menhires
  • Colonia Torre (camiño Praia Lapas)
  • Colonia Os Rosales (Simón Bolívar)
  • Colonia Pavo Real (punto limpo Rolda de Outeiro)

Asociación Felinos Felices

  • Colonia Santa Margarida
  • Colonia rúa Falperra
  • Colonia rúa Petunias (Barrio das Flores)
  • Colonia rúa Tulipáns (Barrio das Flores)
  • Colonia rúa Nardos (Barrio das Flores)
  • Colonia Praia de Oza
  • Colonia A Cubela (sen caseta)

Asociación Coruña Gatuna

  • Colonia Oceanográfico (Paseo Fco.Vázquez)
  • Colonia avda/Monelos
  • Colonia Os Castros-Paseo de Oza

Asociación Micos e Nós

  • Colonia praza Almirante Romay
  • Colonia Palavea
  • Colonia Barrio de Eirís

Se estás interesado en colaborar con algunha destas asociacións ponte en contacto connosco mediante o teléfono de atención ao cidadán 010 e informarémosche.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión