Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Sempre é importante estar preparado cando ocorre algunha destas situacións...
Que facer se atopaches un animal?
Poñerte en contacto co Concello ou Policía Local de onde o atopases para que cho recollan. No caso de que sexa o Concello da Coruña, pódeste poñer en contacto connosco por calquera dos medios que atoparás no apartado de localización ou a través deste formulario de contacto.
Se decides quedarte con el debes saber que igualmente debes dar aviso xa que a súa persoa propietaria pódeo estar a buscar.
Se sabes dun can abandonado debes notificarllelo igualmente ao Concello ou á Policía Local.
Como identificar un can potencialmente perigoso?
Un can considérase potencialmente perigoso cando concorren calquera das condicións seguintes:
Que tivese algún episodio de agresión a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
Que fosen adestrados para a garda e defensa.
Que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes:
American Stafforshire Terrier
Pit Bull Terrier
Bullmastif
Dobermann
Dogo Arxentino
Dogo de Bordeus
Dogo do Tíbet
Fila Brasileiro
Mastín Napolitano
Presa Canario
Presa Mallorquino (Ca de bou)
Rottweiler
Staffordshire Bull Terrier
Tosa Inu
Akita Inu
Tamén serán considerados neste apartado os cruzamentos en primeira xeración destes, cruzamentos destas razas entre si ou cruzamentos destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A devandita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou despois de notificación ou denuncia e despois de informe dunha persoa adestradora ou veterinario designado para o efecto.
Aqueles cuxas características se correspondan con todas ou a maioría das seguintes:
Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia
Marcado carácter e gran valor
Pelo curto
Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 centímetros, altura á cruz entre 50 e 70 centímetros e peso superior a 20 kg
Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas.
Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda
Pescozo ancho, musculoso e curto
Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto
Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado
Que facer se perdiches un animal?
Infórmate de quen recolle os cans no Concello no que o perdeses. No caso de que sexa o Concello da Coruña, pódeste poñer en contacto connosco por calquera dos medios que atoparás no apartado de localización ou a través deste formulario de contacto.
Avisar en canceiras e protectoras.
Avisar o teu veterinario da perda ou mesmo os veterinarios da zona en que o perdeses.
Que facer se se está en posesión dun can destas características?
Existen dous trámites municipais que hai que ter en conta en caso de posuír un can potencialmente perigoso:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible