Concello da Coruña

Concello da Coruña

qué facer se

Sempre é importante estar preparado cando ocorre algunha destas situacións...

Que facer se atopaches un animal

  • Poñerche en contacto co Concello ou Policía Local de onde o atoparas para que cho recollan. No caso de que sexa o Concello da Coruña, podes poñerche en contacto connosco por calquera dos medios que atoparás no apartado de Localización ou a través deste formulario de contacto.
  • Se decides quedarche con el debes saber que igualmente debes dar aviso xa que o seu propietario pódeo estar a buscar.
  • Se sabes dun can abandonado debes de notificalo igualmente ao Concello ou á Policía Local.

¿Como identificar a un can potencialmente perigoso?

Un can considérase potencialmente perigoso cando concorren calquera das condicións seguintes:

  1. Que tivese algún episodio de agresión a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
  2. Que fose adestrados para a garda e defensa.
  3. Que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes:
    • American Stafforshire Terrier
    • Pit Bull Terrier.
    • Bullmastif.
    • Dobermann.
    • Dogo Arxentino.
    • Dogo de Bordeus.
    • Dogo do Tíbet.
    • Fila Brasileiro.
    • Mastín Napolitano.
    • Presa Canario.
    • Presa Mallorquino (Ca de bou).
    • Rottweiler.
    • Staffordshire Bull Terrier.
    • Tosa Inu
    • Akita Inu.
    Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
  4. Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A devandita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou despois de notificación ou denuncia e despois de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
  5. Aqueles cuxas características se correspondan con todas ou a maioría das seguintes:
    • Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia.
    • Marcado carácter e gran valor.
    • Pelo curto.
    • Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 centímetros,altura á cruz entre 50 e 70 centímetros e peso superior a 20 kg.
    • Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas.
    • Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda.
    • Pescozo ancho, musculoso e curto.
    • Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto.
    • Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.

Que facer se perdiches un animal

  • Infórmache de quen recolle os cans no Concello en que o perderas. No caso de que sexa o Concello da Coruña, podes poñerche en contacto connosco presencialmente ( Localización y horario de las instalaciones ) ou a través do formulario de contacto
  • Avisar en canceiras e protectoras.
  • Avisar ao teu veterinario da perda ou mesmo aos veterinarios da zona en que o perderas.

¿Que facer se se está en posesión dun can destas características?

Existen dous trámites municipais a ter en conta en caso de posuír un can potencialmente perigoso:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión