Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Orzamentos Participativos 2021: Na Coruña Contas

O Concello da Coruña presenta a edición 2021 dos Orzamentos Participativos baixo a denominación "Na Coruña Contas", unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu concello

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

  • 1ª Fase:  Recollida de propostas, do 20 de setembro ao 4 de outubro
  • 2ª Fase: Apoios e avaliación das propostas, do 18 ao 25 de outubro
  • 3ª Fase: Votación final, do 17 ao 24 de novembro

Requisitos:

Poderán  propoñer, apoiar e votar propostas todas as persoas empadroadas na Coruña maiores de 16 anos

Páxina web:

https://nacorunacontas.coruna.gal

Contacto:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

correo-e: presupostos.participativos@coruna.gal

www.coruna.gal/participacion

Teléfono de atención cidadá 010

Puntos de apoio presencial:

Documentos:

díptico informativo .pdf (3 MB)

Na Coruña Contas a cidadanía propón proxectos de investimento que son preseleccionados nunha fase de apoios, logo son avaliados polo persoal técnico do concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. Os proxectos máis votados pola cidadanía pasan a formar parte do proxecto inicial do orzamento xeral do ano seguinte.

Fases do proceso:

1ª Fase:  Recollida de propostas 

Calquera empadronado/a maior de 16 anos poderá propoñer ideas de investimentos para a cidade e para os distritos entre o 20 de setembro e o 4 de outubro. Non hai límite, poderanse presentar todas as propostas que se queira para a cidade e/ou para os distritos censuais, pero para que sexan válidas teñen que cumplir os seguintes requisitos:

  • Ser un investimento
  • Ser competencia do Concello
  • Ser legal
  • Ser viable tecnicamente

2ª Fase: Apoios e avaliación das propostas 

Entre o 18 e o 25 de outubro poderanse priorizar propostas para a cidade e para un máximo de tres distritos entre todas as presentadas. Despois, os servizos do Concello implicados estudarán que cada unha delas cumpra os requisitos necesarios para pasar á votación final

3ª Fase: Votación final 

Entre o 17 e o 24 de novembro poderanse votar unha ou varias propostas para toda a cidade e unha ou varias propostas nun máximo de 3 distritos de entre todas as que propostas que pasaron da 2ª fase.

As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2022.

Como se participa:

  • online na web https://nacorunacontas.coruna.gal, para calquera das 3 fases do proceso 
  • de maneira presencial:
    • para a 1ª e 2ª fase nos rexistros municipais (a través do sistema de cita previa e levando DNI)
    • para a 3ª fase (votación final) nas furnas que serán instaladas en varios equipamentos municipais 

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión