Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Gravity

Exposición de Juan Perdiguero

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/02/2018 ata o 06/04/2018

Inauguración o 9 de febreiro ás 20.00 h

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h

Sábados de 12.00 h a 14.00 h

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

"Gravity" confórmana unha serie de debuxos de cans de diferentes razas debuxados, a man alzada, cunha sorprendente técnica mixta a base de tinta de gravado e aceite de linaza sobre unha emulsión fotográfica que previamente foi sensibilizada con luz e tratada con sustancias químicas como forma de conseguir manchas arbitrarias e premeditadamente abstractas. "Desde que descubrimos a obra de Perdiguero hai xa máis de oito anos, a través da súa participación en distintas feiras e eventos internacionais, o que inicialmente máis nos impactou foi a súa técnica. É un traballo único. Nun mundo cada vez máis global no que existe moita "capilarización" de ideas e técnicas é impresionante que despois de tanto tempo non atopásemos ningún artista que realice un traballo similar desde o punto de vista formal"- manifesta Nuria Blanco, directora da galería.

Nas imaxes o artista pretende manipular os límites entre técnicas como forma de atraer, seducir e confrontar as persoas espectadoras. Os cans gravitan, flotan, móvense, esborrállanse ou descansan sobre unhas paisaxes surreais, pseudopictóricas e pseudofotográficas. Prodúcese un estraño equilibrio visual e unha tensión psicolóxica entre a natureza realista da representación dos cans e o carácter líquido onde estes habitan.

As composicións de "Gravity" proxectan unha artificiosa superposición de falsas realidades. Os cans, retratos metafóricos das emocións e a psique humana, pretenden comunicar incerteza, illamento, soidade, alienación, desconcerto. Son seres errantes que transmiten unha profunda e moi persoal interpretación critica da realidade psicolóxica do tempo, a cultura e os valores da sociedade contemporánea como contorno existencial do ser humano. Ata o ano 2005 Perdiguero traballou coa figura humana, logo recoñece que xa non lle servía. "Necesitaba facer algo de forma máis metafórica. Así empecei a traballar co mundo animal e en concreto o can porque sempre me fascinou a súa proximidade cos humanos", confesa o autor.

Estas imaxes animais están esteticamente enraizadas na figuración procedente da tradición pictórica da escola barroca española, tanto polo uso do intenso claroescuro como pola teatralidade e a artificiosidad das súas composicións. Trátase, pois, de imaxes clásicas en aparencia, pero fortemente contemporáneas na forma en que están conceptualizadas e construídas.

...................................................................................

Juan Perdiguero (Madrid, 1963) é profesor titular e catedrático de debuxo na Facultade de Artes Visuais da Universidade do Estado de Nova York, no campus de Oswego. Recibiu numerosas bolsas, permios e residencias artísticas entre as que se inclúen: SUNY Presidential Award, Fulbright Comission, SCAC Grant, Atworks, National Residency CEPA Gallery, The Art Matters Inc., Hangar Barcelona, Can Serrat, el Bruch, Three Walls Chicago, Kaus Australis, Rotterdam. Fundación Valparaiso, Mojacar, Kanaal 10, Amsterdam etc. Expuxo o seu traballo creativo en numerosas galerías nacionais e internacionais, entre as que se inclúen Galería Metropolitana e Galeria 3 Punts (Barcelona, España) Galería Artificial (Madrid, España), Luxx International (Eindhoven, Holanda), Marcia Wood Gallery (Atlanta, EEUU), Ann Nathan Gallery (Chicago, USA), Exit Art, The Artist Network and The Alternative Museum (New York, EEUU) The Burchfield-Penney Art Center and The Albright-Knox Gallery (Buffalo, EEUU), The Delaware Center for the Contemporary Arts (Delaware, EEUU) etc. Participou en feiras internacionais de arte en Berlín, Colonia, Chicago, Miami, Nova York, Barcelona, Madrid etc. Deu conferencias  sobre os procesos creativos da súa obra artística a nivel nacional e internacional. A súa obra encóntrase en numerosas coleccións privadas e públicas entre as que se inclúen The Castellani Art Museum, The Burchfield-Penney Art Center, MEAM, Barceloma e The David Bowie Collection.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión