Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Graphic Jam

A sala de exposicións Plataforma14 acolle a mostra colectiva Graphic Jam, organizada polo Colectivo Miñoco, e que se artella ao redor do obxectivo de crear un mosaico da producción galega dentro do sector gráfico na actualidade. A mostra está formada por obras impresas e audiovisuais, de autoría individual e colectiva, e nela participan un total de 67 artistas. A temática é libre, debido a que a intencionalidade desta exposición era que participase o maior número de persoas posible e que puidesen facelo creativos/as de todos os sectores gráficos (audiovisual, publicidade, videoxogos, editorial)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/01/2018 ata o 22/02/2018

Este evento xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

Fundado en 2011 por ex alumnos/as da Escola e Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, o colectivo Miñoco está formado por un grupo de ilustradores/as da Coruña que buscan fomentar e promocionar o eido da ilustración e do cómic de Galicia. A partir do 2013 uníronse novas persoas ao colectivo e comezaron a realizar actividades cun ton máis lúdico para achegarse a todos os públicos

A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión