Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Exposición de fotografía "Olladas"

Dezaseis mozos e mozas de formación moi variada, traballan cada día para dar unha visión fresca e renovada aos programas culturais que se están ofrecendo na cidade. Este traballo poderase ver a través dunha mostra fotográfica na Casa Museo Casares Quiroga.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/07/2022 ata o 31/07/2022

Xa rematou

Horario:

De Martes a sábado:

  • Mañás de 11: 00 a 13:30h
  • Tardes: de 18:00 a 20:00h

Domingos e festivos

  • Mañás de 12:00 a 14:00h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

De balde 

Páxina web:

https://www.coruna.gal/web/gl/temas/sociedade-e-benestar/lecer-e-cultura/equipamentos-de-ocio/equipamento/casa-museo-casares-quiroga/

Contacto:

Casa Museo Casares Quiroga

Calle Panaderas 12. 15001 A Coruña

Tel.: 981 189 856

Fotogrametría, virtualización de rutas, revisión de arquivos ou accesibilidade son tarefas nas que xa se están a mergullar cada xornada. E é que teñen asignado un encargo moi específico, o rexistro e dinamización dos xacementos arqueolóxicos da cidade son o obxectivo do seu traballo a desenrolar ao longo deste ano e até o próximo verán.

A través dunha proposta moi artística, os xacementos da cidade van ser tratados dende unha visión persoal por sete fotógrafos comisariados por outros seis xestores culturais e apoiados polas docentes do programa a través dunha mostra fotográfica na Casa Museo Casares Quiroga.

A proposta é a seguinte:

  • Antagonía (Selene Gómez, Noelia Paz Fernández)
  • Historia dunha travesía imaxinaria (Iago Lagüela, Victoria Rivas Viturro)
  • En Tránsito (Elizabeth Sach, Yolanda Ramos Delgado)
  • Des-invisibilizar (Silvia Blanco, J.P)
  • Malo será (Raquel Cardalda, Irune Rial)
  • Sigo Pensando (Gonzalo Cela, Miguel Ricoy Astray)
  • Emocións (Oriana Rubio, Miguel Ricoy Astray)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión