Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Caricaturas e retratos

A sala Plataforma14 acolle a exposición "Caricaturas e retratos".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/03/2017 ata o 08/04/2017

Este evento xa rematou

Horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00 h
  • Sábados de 9.00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00 h

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

De balde

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Organiza:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Contacto:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da CoruñaFórum MetropolitanoR/ Río Monelos, 115006 - A CoruñaTfno.: 981 184 294cmix@coruna.es 

Esta exposición presentará unha nova serie de obras creadas polo artista plástico e ilustrador coruñés Juan José Estrada Dopazo (1983). A mostra reunirá unha colección de caricaturas e retratos realizadas mediante técnicas tradicionais,(grafito, carbón, tiza, pastel e acrílico) sobre soportes como papel, cartón, madeira ou lienzo. Nelas aparecen máis de trinta figuras que  o autor considera clave da cultura dos séculos XX e XXI, enmarcando os seus traballos na tradición clásica da caricatura-retrato.

Juan José Estrada Dopazo é un debuxante autodidacta nado na Coruña en 1983. Retratista e caricaturista dende a infancia é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e completou os seus estudos co ciclo de formación profesional en Ilustración e Artes aplicadas á Escultura. E membro da Asociación Española de Caricaturistas e actualmente desenvolve o seu traballo como ilustrador freelance.

A exposición poderase visitar do 16 de marzo ao 8 de abril na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.

A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión