Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bono Cultural Xove

O Bono Cultural Xove é unha axuda directa de 400 euros do Ministerio de Cultura e Deporte dirixida a quen cumpre 18 anos ao longo do ano 2022, para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

As actividades e gastos subvencionables deberán realizarse no prazo máximo dun ano desde a data de concesión do Bono Cultural Xove a cada beneficiario ou beneficiaria.

Inscricións:

Ata o 15/10/2022

Requisitos:

  • Cumprir dezaoito anos durante o ano 2022.
  • Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.
  • Poderán ser igualmente beneficiarias aquelas persoas que sexan solicitantes de asilo ou protección temporal en España, que non cumpren os requisitos de nacionalidade.

Páxina web:

https://bonoculturajoven.gob.es/

Contacto:

Bono Cultural Mozo

Tel.: +34 917 40 67 93

bcj@fnmt.es

Horaro de atención:

De 8:00 a 19:00 horas de luns a venres laborables de ámbito nacional, EXCEPTO:

  • Do 1 ao 31 de agosto que será de 9:00 a 15:00 horas.
  • Os días 24 e 31 de decembro que haberá horario reducido ata as 12:00 horas.

Publicación:

En que poderei gastalo?

  • 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais.
  • 100 euros para produtos culturais en soporte físico. Por exemplo libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray.
  • 100 euros para consumo dixital ou en liña. Por exemplo, subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais (e-books), subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.

Como me inscribo?

A solicitude de adhesión ao programa realizarase exclusivamente a través da web https://bonoculturajoven.gob.es. Para iso, necesitarás acreditarte utilizando algúns destes medios:

Como funciona?

Unha vez concedida a axuda, recibirase unha tarxeta prepago virtual para o seu uso a través do dispositivo móbil. Tamén estarán dispoñibles en formato físico para quen o requira. A tarxeta estará identificada cun número e a identidade do beneficiario/a. Unha vez efectuada unha compra, deberás subir á plataforma do Bono Cultural Xove o comprobante electrónico ou a imaxe dixitalizada do xustificante da compra efectuada na que consten, polo menos, os seguintes datos: DNI, NIF,TIE ou documento acreditativo de solicitante de protección internacional ou temporal, do beneficiario, artigo adquirido e o importe, data e establecemento onde se realizou a compra

Información sobre o procedemento de obtención

https://beneficiarios.bonoculturajoven.gob.es/info

Preguntas frecuentes

https://beneficiarios.bonoculturajoven.gob.es/info

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión