Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bono alugueiro mocidade

O Instituto Galego da Vivenda e Solo abre o prazo de presentación de solicitudes do Programa bono alugueiro para a mocidade menor de 36 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

As axudas poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2022, aínda que a data de recoñecemento fose posterior, sempre que o correspondente contrato de alugamento ou cesión de uso estivese vixente nesa data. 

Inscricións:

Dende o 01/07/2022 ata o 31/10/2022

ou ata o esgotamento do crédito orzamentario. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal/

+info sobre Chave365

Remuneración / Dotación:

  • Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.
  • A axuda concederase polo prazo de dous anos. En ningún caso poderán concederse axudas con posterioridade ao 31 de decembro de 2023.

Páxina web:

https://igvs.xunta.gal/bono-aluguer-mocidade

Contacto:

Instituto Galego da Vivenda e Solo

  • Servizos Centrais: 981 541 981- 981 541 982 - 981 957 529
  • Dirección Técnica de Fomento: 981 955 787 - 981957838
  • Servizo e atención e información á cidadanía: 012
  • rbecoordinacion.correoigvs@xunta.gal

Publicación: DOG 30/06/2022

Procedemento sede electrónica: VI482E 

Persoas destinatarias

  • Persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:
  • Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. 
  • Posuír a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da UE ou do EEE, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. Persoas estranxeiras non comunitarias: deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.

Contrato de alugamento

  • Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso. No caso de alugamento de habitación non é exixible que a formalización sexa nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro.

Ingresos

  • Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
    • Entenderase que teñen unha fonte regular de ingresos quen estea traballando por conta propia ou allea, o persoal investigador en formación e as persoas perceptoras dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou asistencial, sempre que poidan acreditar unha vida laboral de, polo menos, tres meses de antigüidade, nos seis meses inmediatamente anteriores ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de, polo menos, seis meses, contados desde o día da súa solicitude.
    • Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídos os das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a tres veces o IPREM (24.318,84 euros). Non obstante, só se terán en conta as rendas anuais da persoa solicitante nos seguintes supostos:
      • No de alugamento de habitación.
      • No caso de que na vivenda convivan, ademais da persoa solicitante, outra/s persoas e concorran os seguintes requisitos:
      • Que no momento de solicitar a axuda ningunha das persoas que conviva na vivenda teña entre si parentesco en primeiro grao de consanguinidade ou ben que todas elas teñan menos de 36 anos.
      • Que todas elas subscriban o contrato de alugamento

Destino da vivenda

  • A vivenda ou habitación arrendada ou cedida ten que consituir, no momento da solicitude, a residencia habitual e permanente, no caso de que haxa contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado ou volante de empadroamento nos termos previstos nesta resolución.

Outros requisitos

  • As persoas que conviven na vivenda non poden:
    • Ser propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en España, agás as excepcións previstas nas bases reguladoras.
    • Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora ou cedente da vivenda.
    • Ser socias ou partícipes da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora ou cedente.

Importe máximo da renda

  • Importe máximo da renda mensual no Concello da Coruña (resto de concellos consultar na convocatoria):
    • Vivienda: 600€
    • Habitación: 300€

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión