Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Axudas para mercar bicicletas eléctricas

Axudas para mercar bicicletas con pedaleo asistido co obxectivo de fomentar que os desprazamentos urbanos e interurbanos se realicen de xeito que se reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro e de contaminantes, á vez que se mellora a saúde pola realización de exercicio físico.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/08/2022 ata o 15/11/2022

ou cando se esgoten os fondos. 

Requisitos:

  • Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade e estean empadroadas nun municipio de Galicia.
  • Estar ao corrente nos seus deberes tributarios estatais e autonómicos e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. 
  • Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de final do prazo de presentación de solicitudes.
  • A tramitación do procedemento de solicitude de axuda realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade.

Remuneración / Custo:

Cada persoa beneficiaria só poderá recibir unha axuda pola adquisición dunha única bicicleta con pedaleo asistido. A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50 % do prezo da bicicleta con pedaleo asistido para unha persoa beneficiaria xeral, do 60 % para persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa e do 70 % para integrantes dunha familia numerosa con categoría especial. Subvención máxima (€/bicicleta):

  • Xeral: 500€
  • Integrante dunha familia numerosa: 600€
  • Integrante familia numerosa con categoría especial: 700€ 

Páxina web:

ebici.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Dirección Xeral de Mobilidade

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 684

Publicación: DOG 15/07/2022

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedementos

  • Subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido: IF319B
  • Selección de entidades colaboradoras: IF319A

As actuacións que se subvencionan son a adquisición de bicicletas novas con pedaleo asistido en establecementos comerciais situados en Galicia que cumpran cos seguintes requisitos técnicos e de equipamento:

  • 1. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas).
  • 2. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora).
  • 3. Cadro ríxido (sen dobre suspensión).
  • 4. Luz traseira e dianteira.
  • 5. Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos de serie.
  • 6. Pata de cabra ou cabalete.
  • 7. Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.

A data límite para executar a adquisición da bicicleta con pedaleo asistido e presentar a solicitude de pagamento coa documentación xustificativa do investimento é de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da presentación da solicitude coa data límite do 15 de novembro de 2022.  

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión