Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

“Alter ego"

Inauguración da exposición “Alter ego” na sala Plataforma14

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/06/2019 ata o 31/07/2019

Este evento xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9.00 a 21.00 h e sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Alter ego", que recolle os últimos traballos do artista Jonatan Mesías Torres.

Nacido na Coruña en 1991, comeza o seu achegamento ás artes plásticas con 6 anos co agasallo do seu primeiro set de pintura por parte dos seus pais e posteriormente con 12 anos, a súa primeira cámara de fotografía. Participou en diferentes exposicións individuais e colectivas como parte doutro conxunto de artistas tanto en pintura como en fotografía.

Durante a súa fase de estudos o artista decántase pola corrente artística do expresionismo, tras rozar a grandes expresionistas das vangardas e o seu posterior achegamento á obra de Jean-Michel Basquiat dáse conta de que unha pintura atrae máis canto máis exprese do autor, e por iso pasa dun estilo limpo ao máis improvisado e sen traballo previo, chegando a plasmar nas súas obras os seus máis profundos sentimentos e mensaxes sociais.

Na exposición "Alter ego" poderáse observar a súa obra pictórica e inaugurarase o venres 28 de xuño ás 19:00 horas, poderase ver ata o  31 de xullo.

A sala Plataforma14, que está coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión