Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Eurodesk

Eurodesk é un servizo de información, sobre programas e iniciativas europeas, dirixido non só ás persoas novas senón tamén aos que traballan no ámbito da mocidade.

Os postos de Eurodesk son chamados Multiplicadores Cualificados e son as oficinas locais repartidas por pobos e cidades de toda Europa que dan a coñecer aos mozos a información, tanto presencialmente como a través das ferramentas informáticas de Eurodesk.

Ademais, mensualmente edítase o Boletín Eurodesk que contén información actualizada sobre solicitudes de programas españois e europeos, así como noticias de educación, formación e mocidade.

Información Novas

A través de Eurodesk obterás información dos paises da UE directamente da Comisión Europea e outras axencias de similar grao sobre:

  • Aloxamento
  • Traballo
  • Educación, formación
  • Turismo e información práctica de cada un dos países participantes na rede
  • Viaxar por Europa
  • Intercambios entre mozos
  • Procura de contactos ou de posibles socios para proxectos europeos
  • Todo o relacionado con programas e iniciativas europeas
  • Os teus dereitos

Información Entidades

Os puntos Eurodesk proporcionan información e asesoramento para a creación, xestión, procura de socios e promoción de programas europeos.

Na Coruña o punto Eurodesk xestiónao:

ASOCIACIÓN CULTURAL INGALICIA

Tes toda a info en: http://www.eurodesk.es/

Europe direct

É un servizo de información e documentación europeo sobre vivir, traballar e viaxar na UE. Europe Direct ofréceche:

* Se cóbranche a chamada podes solicitar a súa reembolso. Tamén podes solicitar que che chamen eles enviando unha mensaxe de texto.

  • Un servizo de información central ao que podes dirixirche por teléfono ou Internet:
    • Teléfono gratuíto* para resolver dúbidas sobre a U.E.: 00 800 6 7 8 9 10 11.
  • Servizos de información locais que ofrecen información adaptada ás necesidades en cada país da UE:

Oficina de información: Europe Direct A Coruña

    Deputación da Coruñac/ Alférez Provisional, nº 2, 15006 A CoruñaTel.: 981 080 331europedirect@dicoruna.eswww.dicoruna.es/ipe

    Horario: 9 - 14h (de luns a venres)

    Portal europeo da xuventude

    O Portal Europeo da Mocidade ofrece información europea e nacional sobre oportunidades e iniciativas que son de interese para os mozos que viven, estudan e traballan en Europa.

    Estrutura do sitio

    O Portal Europeo da Mocidade está dividido en 4 tipos principais de contido, clasificado cada un nunha sección específica:

    • Páxinas temáticas relacionadas coas políticas de mocidade da UE: "Participar"
    • Páxinas temáticas relacionadas coas oportunidades noutro país: "Ir ao estranxeiro"
    • Páxinas sobre iniciativas ou programas financiados pola UE: "Iniciativas da UE"
    • Páxinas sobre este ámbito político: "Estratexia da UE para a mocidade"

    Ademais destes 4 tipos principais de contido, podes ler noticias, coñecer historias e testemuños de mozos, e buscar eventos.

    Tes toda a info en: https://europa.eu/youth/home_é

    Información xeral

    Non perdas

    Non perdas

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión