Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos de entre 16 e 29 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratexia de Emprendimiento Nova do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras finalizar os seus estudos ou quedar despedidos.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza que se encontren en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén se poderán inscribir as persoas estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos, no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ou ter máis de 25 anos e menos de 30 cando, no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a taxa de desemprego deste colectivo sexa igual ou superior ao 20 por cento, segundo a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao último trimestre do ano.
  • Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil. No caso das persoas demandantes de emprego abondará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.

Procedemento de inscrición

Para ser beneficiario/a da Garantía Xuvenil é necesario acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse. Podes facelo das seguintes maneiras:

  • Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado dixital ou a través do Sistema Cl@ve.
  • Acceso con usuario e contrasinal. Tamén podes iniciar a túa inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil cubrindo o formulario na web.

    Unha vez que respondas unhas preguntas que permitan acreditar a túa identidade, poderás a continuación cubrir a túa solicitude de inscrición. Durante o proceso, pediráseche un contrasinal que poderás utilizar para entrar ao teu perfil de Garantía Xuvenil en futuras ocasións.

USUARIOS REXISTRADOS

Unha vez que che deches de alta no sistema poderás recibir ofertas do catálogo de actuacións que se recollen no Plan de Implantación da Garantía Xuvenil e/ou na Estratexia de Emprendimiento e Emprego Novo a través da súa Comunidade Autónoma, a Administración Xeral do Estado, as entidades que colaboran na xestión do Fondo Social Europeo ou das empresas que desexen aplicarse algún dos incentivos previstos na normativa vixente para a contratación de mozas.

Entidades colaboradoras A Coruña

Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña

Programa PICE (Programa de Cualificación e Emprego)

C/ Alameda, 30-32, 1º 15003 - A Coruña

Tel.: 981 216 072

pice@camaracoruna.com

www.empleoygarantiajuvenil.es/

(con cita previa)

Cruz Vermella Española na Coruña

Programa para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil

C/ Cruz Vermella Española, 1, 15002 - A Coruña

Tel.: 981 221 000

www.cruzvermella.org

Fundación Paideia

Praza de María Pita , 17, 15001 - A Coruña

Tel: 981 817 000

www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionais/

Fundación Once

Cantón Grande, 3, 1º. 15003 - A Coruña

Tel.: 981 145 109

belen.almagro.fsc@fundaciononce.es

http://www.noterindasnunca.org - http://www.portalento.es

Destinatarios: persoas novos con discapacidade.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Garantía Xuvenil en Galicia
Teléfono: 881 99 57 00
Email: garantiaxuvenil@xunta.es
Web: garantiaxuvenil.xunta.es

Cámara de Comercio, Industria e Navegación (con cita previa)
R/ Alameda, 30-32, 1º
Tfno.:981 216 072
Email: empleo@camaracoruna.com
Web: www.camaracoruna.com

Sistema de Garantía Xuvenil
Teléfono: 060 (opción 3)
Email: garantiajuvenil@meyss.es
Web: www.empleo.gob.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión