Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O primeiro que tes que facer é darche de alta como persoa demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia . Para saber que oficina correspóndeche pica aquí.
Se tes entre 16 e 29 anos, Rexístrache no sistema de Garantía xuvenil. Contámosche de que vai noutro apartado
Solicita orientación laboral para axudarche na xestión da túa procura de emprego: establecerán o teu perfil profesional, revisarán o teu currículo, ensinaranche como potenciar as túas habilidades profesionais e como aproveitalas nas entrevistas de selección, diranche como crear a túa marca persoal, sinalaranche as túas necesidades formativas...
¿Onde podo solicitar orientación laboral?
Todas as oficinas dos Servizos Públicos de Emprego de Galicia ofrecen orientación laboral, só tes que solicitalo.
A maioría dos concellos dispoñen deste servizo. Na Coruña xestiónao o Centro Municipal de Emprego. Podes pedirlle unha cita chamando ao 981 184 399 ou a través do seu formulario web.
As Universidades adoitan ter un servizo de emprego e emprendimiento.
Tamén podes consultar en Colexios e asociacións profesionais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible