Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Probas de selección para Gardas Rurais e as súas especialidades para o ano 2023
O Ministerio do Interior aproba, para o ano 2023 o calendario das probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades (gardas de caza e guardapescas marítimos), cuxa superación habilitará para o exercicio das correspondentes profesións.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
1ª convocatoria: 1-31 marzo 2023. 2ª convocatoria: 1-30 setembro 2023.
Prezo:
Taxa: 23,34€
Requisitos:
Ser maior de idade.
Ter a nacionalidade dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ben que lle sexa aplicable o disposto na lexislación sobre réxime comunitario conforme ao Real Decreto 240/2007, de 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ser nacional dun terceiro Estado que teña subscrito con España un convenio internacional no que cada parte recoñeza o acceso ao exercicio destas actividades aos nacionais da outra.
Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais ou superiores.
Posuír a aptitude psicofísica necesaria para o exercicio das funcións de garda rural.
Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.
Non ser condenado por intromisión ilexítima no ámbito de protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, ou vulneración do segredo das comunicacións ou doutros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores.
Non ser sancionado nos dous ou catro anos anteriores por infracción grave ou moi grave, respectivamente, en materia de seguridade privada.
Non ser separado do servizo nas Forzas e Corpos de Seguridade ou nas Forzas Armadas españolas ou do país da súa nacionalidade ou procedencia nos dous anos anteriores.
Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos específicos nos centros de formación para gardas rurais e as súas especialidades.
Os prazos para a presentación de solicitudes e os períodos de realización das probas serán os seguintes:
Convocatorias
Prazo de presentación
Realización das probas
1/2023
1 - 31 de marzo de 2023
Maio de 2023
2/2023
1 - 30 de setembro de 2023
Novembro de 2023
As probas realizaranse en Madrid. No acordo polo que se aprobe a lista das persoas convocadas ás probas indicarase o lugar concreto así como a data e hora en que levarán a cabo as mesmas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible