Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

17 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Taller de Estampaxe manual: No Art, Estampación original

    Inscricións:

    Ata o 09/07/2022

    Milicia Gráfica organiza un taller onde poderás estampar a túa propia peza utilizando serigráficas ecolóxicas e pintura téxtil.

  • Plan formativo Cluster Tic Galicia

    A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster TIC de Galicia poñen en marcha estas accións formativas en liña e gratuítas coas que poderás coñecer as bases da analítica web e o márketing dixital ou a ciberseguridade, a intelixencia artificial, o big data ou o comercio electrónico. A formación está destinada a persoas traballadoras, desempregadas e autónomas.

  • Cursiños de Natación de Riazor - Verán 2022

    Cando:

    Data prevista para o inicio das clases: 

    • Cursos do mes de xullo: 1 de xullo de 2022
    • Cursos do mes de setembro: 1 de setembro de 2022

    Inscricións:

    Período de matrícula:

    • Cursos do mes de xullo: 27 de xuño ao 8 de xullo de 2022.
    • Cursos do mes de setembro: 27 de xuño ao 9 setembro de 2022.

    Nova oferta de prazas nas actividades acuáticas da Piscina Municipal de Riazor correspondente ao período xullo e setembro de 2022.

  • Programa de emprego en liña "Change Makers"

    Cando:

    Dende o 14/07/2022 ata o 18/11/2022

    Inscricións:

    Ata o 11/07/2022

    A Fundación Equipo Humano abre a inscrición deste programa gratuíto de mellora da empleabilidad en materia de Economía circular e sustentabilidade. A idea é que as persoas participantes aprendan a usar o Ecocanvas, que axuda a calquera empresa de calquera sector mediante a economía circular a mellorar a súa competitividade e o seu aforro. O programa é 100% en liña.

  • Accións formativas en liña gratuítas - Centro Municipal de Emprego

    Inscricións:

    Ata o 04/07/2022

    ou ata esgotar as prazas de cada bloque.

    O Centro Municipal de Emprego abre o prazo de inscrición dos cursos de formación en liña, a maioría dos cales poden facerse mesmo no teléfono móvil. Para as persoas interesadas que non teñan acceso a computador, tablet ou datos, o Concello pon á súa disposición ordenadores e acceso a internet para que poidan realizar as accións formativas elixidas. Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización: comercio y márketing, administración de empresas e idiomas.

  • Obradoiro de pintura infantil e xuvenil

    Cando:

    Dende o 27/06/2022 ata o 29/07/2022

    en quendas semanais 

    Inscricións:

    Dende o 15/06/2022

    ata esgotar prazas

    A Sala Infantil e Xuvenil da Biblioteca Provincial da Coruña organiza para este verán un obradoiro de Pintura impartido pola artista Luisa Valdés

  • Cursos de verán na Escola Oficial de Idiomas

    Cando:

    Dende o 04/07/2022 ata o 29/07/2022

    A Asociación de profesores, ex-profesores, alumnos y ex-alumnos de la EOI da Coruña Mar de Lenguas-ASPALEX organiza para este verán cursos intensivos de 40 horas de duración en diferentes idiomas

  • Emprende Makers

    Cando:

    Dende o 20/06/2022 ata o 07/07/2022

    O proxecto Emprende Makers promovido polo Concello de Ourense, a través do seu Servizo de Emprego, busca fomentar na Euroregión Galicia – Norte de Portugal, o potencial que tería articular nunha rede de emprendimiento os diversos centros de fabricación dixital e prototipado existentes neste territorio. No marco do proxecto Emprende Makers, Academia Makers desenvolverá 12 accións formativas (as 11 primeiras en liña e a última presencial) que inclúen formación específica en competencias emprendedoras e xestión empresarial.

  • Formación para profesorado de ioga integral. Curso 2022-2023

    Cando:

    comeza en outubro.

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2022

    A Escola de Ioga Integral Mahashakti abre prazo de matrícula para o curso 2022-2023 de formación de profesorado de ioga integral, avalada pola Federación Española de Escolas de Formadores de Ioga e adaptada ao Real Decreto 1034/2011 que regula o Certificado de Profesionalidade de Instrución en Ioga.

  • Curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2022 ata o 02/01/2023

    Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, e cuxas edicións serán convocadas e publicadas na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública.

resultados 17

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión