Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
V Certame de Creación de Xoves Artistas Emerxentes
Co obxectivo de estimular e fomentar a creación contemporánea entre novos artistas menores de 35 anos, a Universidade Loyola, a través do seu Servizo de Actividades Culturais e Formación Complementaria, convoca o V Certame de Creación Xove Artistas Emerxentes 2023.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 28/02/2023
Requisitos:
Poderán participar artistas e creadores visuais menores de 35 anos que residan no territorio nacional.
As categorías a concurso son pintura, escultura e fotografía.
As obras presentadas deberán ter un marcado acento contemporáneo e explorar a realidade a través de conceptos como as fronteiras, a xustiza social, os límites humanos e calquera problemática actual que incidan na sociedade actual, incitando a reflexionar sobre os problemas e retos que nos axexan..
Permitirase presentar unha obra por autor, de temática libre, realizada con técnica libre e materiais e soportes estables e non degradables. En calquera caso, deberán ser obras orixinais que non fosen premiadas noutros concursos.
Os autores enviarán ao correo cultura@uloyola.es, un cartafol zip titulado "Artistas Emerxentes 2023_CATEGORÍA Á QUE SE PRESENTA". Dentro de dita cartafol comprimido, incluirase a documentación requirida que se especifica nas bases completas.
Remuneración / Custo:
Gran Premio Reitor da Universidade Loyola Andalucía á mellor obra de todas as presentadas, independentemente da categoría. Dotado con 1200 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible