Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Premio investigación e creatividade aeronáutica para institutos

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España convoca a primeira edición do premio "innovación e creatividade para institutos" enfocado á promoción da enxeñería aeronáutica nos estudantes pre-universitarios. É un concurso por equipos no que fundamentalmente se valorará a capacidade técnica para deseñar e a creatividade da idea presentada.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/12/2021

Requisitos:

  • Poderán participar equipos de todos os institutos do Estado español e permítese a participación de varios equipos por instituto.
  • Cada equipo participante deberá enviar un e-correo a concursocoiae@coiae.es cunha serie de datos obrigatorios.
  • O obxectivo principal deste desafío consiste en que o equipo desenvolva unha app para controlar o voo dun dron vía wifi que sexa capaz de detectar e esquivar a outro dron independente controlado pola mesma app pero desde un dispositivo móbil diferente...

Remuneración / Dotación:

Concederanse dous premios. O primeiro, valorado en 6.000 euros, para o instituto ao que pertenza o equipo gañador. O segundo, valorado en 3.000 euros, para o instituto ao que pertenza o equipo que quede en segundo lugar.

Páxina web:

www.coiae.es

Contacto:

Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos

Rúa Francisco Silvela, 71. 28028 - Madrid

tel.: 91 745 30 30

e-correo: info@coiae.es

twitter.com/COIAE

www.instagram.com/coiae_aiae

Documentos:

.pdf basees completas (935 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión