Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
II Premio Literario da UNED de relato curto para novos escritores
A Universidade Nacional de Educación a Distancia, a través da Facultade de Filoloxía e en colaboración co departamento de Actividades Culturais, fomenta e apoia a creación literaria entre os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato e convoca o II Premio Literario da UNED de relato curto para novos escritores.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 01/03/2023
ás 24.00 h (horario peninsular español)
Requisitos:
Poderán participar todos os e as estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato ou equivalentes, cunha idade máxima de 18 anos cumpridos na data de entrega de orixinais; que sexan residentes en España, ou estudantes de centros no estranxeiro con titularidade española e convenio coa UNED.
A extensión dos relatos, que deberán estar escritos en castelán, non superará un máximo de 2.000 palabras e terá un mínimo de 1.000. O tema desta convocatoria terá que estar relacionado coa sostibilidade e o medio ambiente.
As obras serán orixinais e inéditas. Cada autor soamente poderá presentar unha obra.
Os relatos, asinados con pseudónimo, enviaranse ao seguinte enderezo de correo electrónico: premiojovenes@adm.uned.es. As obras presentaranse en formato Word. O nome do arquivo será o título do relato.
Os autores terán que enviar os seus datos persoais enchendo o formulario de admisión publicado en páxina web do concurso.
Remuneración / Dotación:
Establécense os seguintes premios:
Un primeiro premio dotado con 800 euros e un diploma.
Un segundo premio dotado con 500 euros e un diploma.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible