Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Programa "Becas Santander Estudos Progreso 2021-2022" da UVIGO

A Universidade de Vigo e o Banco Santander convocan 10 bolsas de estudos dentro do Programa "Becas Santander Estudos Progreso" para o curso 2021/2022.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/12/2021

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2021/2022 nalgunha das titulacións de Grao, Máster ou Doutoramento da Universidade de Vigo en centros propios da Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
  • Ter concedida no curso 2020/2021 bolsa xeral do MEFP.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 8 no curso 2020/2021, calculada tal e como establece a convocatoria de bolsa xeral do MEFP (Ministerio de Educación e Formación Profesional). Para tal efecto multiplicaranse por 1,17 as notas medias procedentes de estudos da rama de Enxeñaría. Ao alumnado que inicia estudos de Grao se lle terá en conta a nota de acceso á universidade.

Remuneración / Dotación:

A contía máxima de cada bolsa será de 1.000 €.

Páxina web:

secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Universidade de Vigo. Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Edificio Exeria - As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo

tel.: 986 81 40 94

e-correo: bolsasformación@uvigo.es

Convócanse:

  • 1 bolsa para alumnado coa condición de vítima de violencia de xénero
  • 1 bolsa para alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • 8 bolsas de asignación xeral

SOLICITUDES: As persoas solicitantes deberán inscribirse nos dous seguintes enlaces:

  1. Na web do Santander www.becas-santander.com
  2. No formulario electrónico dispoñible no seguinte enlace do Portal de bolsas da UVIGO https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8859

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión