Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Axudas para a adquisición de vivendas protexidas

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas para a adquisición de vivendas protexidas en primeira transmisión.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2022

ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Requisitos:

  • Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda de protección autonómica de réxime xeral ou especial de nova construción ou procedente da rehabilitación cualificada definitivamente na data de publicación desta resolución.
  • Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 un contrato privado de compravenda visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.
  • Tamén poderán ser persoas beneficiarias destas axudas aquelas persoas que presentasen unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda protexida ao abeiro da Resolución do 5 de xullo de 2021 e lles fose denegada por esgotamento do crédito previsto na convocatoria

Remuneración / Custo:

  • No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
  • No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
  • En todo caso, as axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda, sen que, para estes efectos, se inclúan os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

Páxina web:

Axudas para a adquisición de vivendas protexidas

Contacto:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Teléfono: 012 / 981 541 981 / 981 957 529

informacionxeral.igvs.santiago@xunta.gal

Publicación:

Procedemento sede electrónica: VI420C 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión