Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

44 resultados

  • Bolsas Fundación SEPI Telefónica 2021

    Cando:

    O inicio da bolsa está previsto o 15 de novembro de 2021.

    Inscricións:

    Ata o 26/09/2021

    A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Talentum Telefónica 2021, destinadas a persoas novas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS poraprobar; ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional. Elobjetivo do programa é ofrecer unha formación práctica nunha contorna deinnovación e emprendimiento nas empresas pertencentes ao GrupoTelefónica e nas empresas ou institucións que se adhiran ao Programa.

  • Unha bolsa para a formación en proxectos editoriais e outra bolsa para proxectos de actividades públicas no Museo Reina Sofía

    Inscricións:

    Ata o 14/10/2021

    O Ministerio de Cultura e Deporte convoca unha bolsa para a formación na coordinación de proxectos editoriais no Departamento de Actividades Editoriais, e outra para a coordinación de proxectos transversais no Departamento de Actividades Públicas do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

  • Bolsa de formación no Museo de Belas Artes da Coruña

    Inscricións:

    Ata o 24/09/2021

    A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo.

  • 20 bolsas para estudantes con necesidades educativas especiais da UDC

    Inscricións:

    Ata o 20/09/2021

    A Universidade da Coruña convoca 20 bolsas en réxime de concorrencia competitiva para estudantes con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade matriculados/as nos centros da UDC. O obxectivo é apoiar o/a estudante eonómicamente para afrontar mellor as dificultades cotiáns que supoñen importantes obstáculos para o desenvolvemento equitativo e o aproveitamento da actividade académica

  • Residencia literaria Cidade da Coruña

    Cando:

    Dende o 01/11/2021 ata o 30/11/2021

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2021

    Se resides en calquera punto do Estado salvo Galicia, e es escritora ou escritor con polo menos un libro publicado, podes concorrer ata o 30 de setembro cun proxecto de escritura creativa para pasar este próximo mes de novembro na Residencia Literaria 1863.

  • Bolsas Fulbright para lectores de español en EEUU

    Inscricións:

    Ata o 14/10/2021

    A Comisión Fulbright convoca11 prazas para lectores de español en universidades estadounidenses dentro do programa Fulbright Foreign Language Teaching Assistants (FLTA) durante o curso académico 2022-2023 por un período total de 9 meses

  • 33 bolsas de formación no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas"

    Inscricións:

    Ata o 29/09/2021

    O Ministerio de Defensa convoca bolsas para contribuír á formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico de persoas recentemente tituladas nas materias e proxectos propios do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" e facilitar a súa incorporación ao mundo laboral.

  • Bolsas Santander Tecnoloxía | Dixital Experience - Amazon Web Services

    Inscricións:

    Ata o 17/10/2021

    Banco Santander e AMAZON Web Services ofrecen 1.000 bolsas destinadas á realización de cursos de formación en habilidades Dixitais básicas relacionadas con tecnoloxías de Cloud.

  • Subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos

    Inscricións:

    AMPLIACIÓN PRAZO ATA O 15 DE OUTUBRO (ou, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario)

    O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca subvencións para a adquisición de vivendas en centros históricos.

  • Bolsas para o alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/22

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2021

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 164 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

resultados 44

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión