Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Lenzos e partituras

A Fundación Luis Seoane acolle 'Lenzos e partituras', unha vídeo-exposición acerca da serie web documental do mesmo nome promovida polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda que explora as confluencias entre a música e as artes visuais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/12/2022 ata o 30/04/2023

Horario:

de martes a domingo das 11.00 ás 15.00 h e das 17.00 ás 21.00 h

Prezo:

de balde

Páxina web:

fundacionluisseoane.gal

Contacto:

Fundación Luís Seoane

Rúa San Francisco, 27. 15001 A Coruña

Tel.: 981 216 015

Correo electrónico: info@fundacionluisseoane.gal

www.facebook.com/fundluisseoane

twitter.com/fundluisseoane

www.instagram.com/fundacionluisseoane

Lenzos e partituras é unha serie web documental que explora as confluencias entre a música e artes visuais do século XXI. Promovido polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda, o proxecto nace durante o Nadal de 2020 co obxectivo de lles proporcionar un espazo a diferentes creadores da cidade da Coruña para establecer conexións entre distintas disciplinas artísticas e favorecer deste xeito a difusión dos seus procesos de traballo, limitados nese momento pola pandemia.

Dirixida polo compositor Hugo Gómez-Chao, con guión e voz da actriz Chus Álvarez, a serie amosa o diálogo que estableceron creadores e músicos ao longo de once capítulos, dez sobre artistas plásticos e un especial acerca da exposición colectiva "Un mundo que sofre baixo un manto de flores" na que se recolleron os traballos froito das diferentes colaboracións. Agora, o proxecto transfórmase nunha vídeo-exposición na Fundación Luis Seoane que recolle a totalidade da serie nunha montaxe audiovisual que busca difundir unha iniciativa na que participaron preto de medio cento de creadores.

Artistas: Soledad Penalta, Noè Rodrigo Gisbert, Xurxo Gómez-Chao, Florian Vlashi, Rediana Lukaçi, Jesús Núñez, Pedro Galilea, Berthold Hamburger, Julia Ares, Rafael Fernández Rodríguez, Luisa Valdés, Sergio Delgado, Gosia Trebacz, Wilson Ortega Rueda, Emile Gireu, Teo Soriano, Yolanda Dorda, Despina Ionescu, Tomás Ionescu, Iria do Castelo, Pablo Coello, Ruslana Prokopenko, Wladimir Rosinskij e Exposición colectiva "Un mundo que sofre baixo un manto de flores"

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión