Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Guía Ti Elixes! 2021

Con motivo da realización das XXVIII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego publica a edición 2021 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas Xornadas, que non é outro, que informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Contacto:

Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Tel.: 981 184 294

WhatsApp: 606 362 366

Email: cmix@coruna.es

https://twitter.com/MocidadeCoruna  

https://www.facebook.com/mocidadecoruna/ 

Documentos:

GUÍA TI ELIXES 2021 (2 MB)

A Guía Ti Elixes! 2021 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.

A recopilación da información foi realizada polos Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que poñen a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc. O seu enderezo web é www.coruna.gal/informacionxuvenil

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión