Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Comunícate cos Espazos de Información Xuvenil a través de Whatsapp

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través dos Espazos de Información Xuvenil, mantén unha canle a través de Whatsapp para que poidas resolver as túas dúbidas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Contacto:

Podes consultar calquera dúbida desta nova canle chamándonos ao 981 184 294, ou enviándonos un correo a cmix@coruna.es

Documentos:

Díptico (PDF) (2 MB)

Cal é o número de contacto?

Agrega á túa axenda de contactos o número 606 362 366

Este teléfono estará operativo en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Poderás enviar a túa mensaxe fóra dese horario pero lembra que non che poderemos responder ata que volvamos estar conectados/as.

A través deste número de teléfono poderás realizar as túas consultas por Whatsapp, pero se desexas poñerte en contacto teléfonico con nós, chama ao noso teléfono, que é o 981 184 294.

Que tipo de consultas podemos resolver?

Informamos á mocidade sobre calquera temática de interese xuvenil (estudos e formación, bolsas e axudas, emprego, lecer e tempo libre, mobilidade etc.). A través do Whatsapp intentaremos darche a información que precisas, pero se a dúbida é complexa para respondela por esta canle, ofrecerémosche a posibilidade de resolvela por correo electrónico ou presencialmente.

Privacidade

As consultas serán privadas e non requerirán identificación previa, e entederase que as personas usuarias deste servizo aceptan as condicións legais de Whatsapp.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión