Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

58 resultados

  • Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación

    Cando:

    24/03/2023

    Con motivo da inauguración da exposición "Picasso branco no recordo azul", o Museo de Belas Artes organiza unha xornada de conferencias dedicada á obra de Pablo Picasso, poñendo en valor o papel dos museos como centros de investigación.

  • Actividades do mes de abril nas Casas da Mocidade de Oleiros

    Cando:

    Dende o 01/04/2023 ata o 30/04/2023

    Inscricións:

    O prazo de inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior á realización da mesma. 

    As Casas da Mocidade de Oleiros, As Pedras e Portaberta, presentan unha ampla variedade de actividades para o mes de abril.

  • Feira do Voluntariado A Coruña

    Cando:

    Dende o 25/03/2023 ata o 26/03/2023

    O Banco de Alimentos Rías Altas, en colaboración co Concello da Coruña, organiza no Paseo do Parrote a Feira do Voluntariado, un encontro no que estarán presentes máis de 30 entidades da cidade e que contará con programación complementaria de concertos, charlas e outras actividades de animación.

  • "Recuncho do xogo" de Semana Santa

    Cando:

    Dende o 03/04/2023 ata o 05/04/2023

    Inscricións:

    Dende o 20/03/2023 ata o 29/03/2023

     A admisión será por orde de inscrición.

    Como todos os anos nas vacacións escolares de Semana Santa, nos centros cívicos organizarase a actividade de "Recuncho do xogo" onde se aprenderán multitude de cousas sobre os astros a través de talleres, xogos e dinámicas participativas.

  • Embajadorxs Destino Europa

    Inscricións:

    Dende o 17/03/2023 ata o 24/03/2023

    Europe Direct A Coruña convoca "Embaixadorxs Destino Europa", a segunda edición dunha campaña na que 10 mozas/os seleccionadas/os entre as candidaturas presentadas difundirán iniciativas da Unión Europea para a xente nova e, a cambio, recibirán un bono Interrail Global Pass para viaxar por Europa en tren.

  • Falando a boca chea 2023

    Cando:

    Dende o 11/04/2023 ata o 15/04/2023

    Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.

  • X Festival 981United

    Cando:

    01/04/2023

    O festival de música hardcore 981United celebra este ano na Sala O Túnel (Coliseum) o seu décimo aniversario.

  • O documental do mes: "Memorias do tsunami"

    Cando:

    11/04/2023

    En abril proxéctase no Ágora, dentro do ciclo “O documental do mes”, a película dirixida por Hélène Robert e Jeremy Perrin "Memorias do tsunami" (Francia, 2019), unha historia sobre pantasmas e espíritos que mostra como as ondas do tsunami que en 2011 asolou Xapón seguen vivas no imaxinario colectivo, un percorrido misterioso e poético a través de supervivintes da catástrofe que amosan como o tsunami afectou as súas vidas e como manteñen a crenza de que os espíritus das vítimas seguen presentes.

  • "Karelu" de Os Náufragos Teatro

    Cando:

    26/03/2023

    O auditorio do Ágora acolle a representación do espectáculo de teatro contemporáneo a cargo da compañía Os Naúfragos "Karelu", unha obra que fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

  • Documental: Memorias Rotas

    Cando:

    10/04/2023

    A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxeción, no Fórum Metropolitano, do documental "Memorias rotas", dirixido por Manane Rodríguez.

resultados 58

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión