Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

199 resultados

  • FotoRural 2021

    Inscricións:

    Ata o 11/11/2021

    Formulario de participación.

    A Fundación de Estudos Rurais de UPA e Eumedia, S.A, coa colaboración do Foro Interalimentario, da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA), do Ministerio de Cultura e Deporte e da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR/FADEMUR) convocan a XV edición deste concurso fotográfico, cuxa temática se centra no concepto de ‘Orgullo Rural’.

  • Ciclo de cine de barrio: Santa Liberdade

    Cando:

    08/11/2021

    Inscricións:

    É precisa inscrición previa.

    A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros proxectará, no Forum Metropolitano, o documental de Margarita Ledo Andión "Santa Liberdade".

  • Cursos Aula CeMIT- Novembro

    Cando:

    Consultar as datas de inscrición en cada curso.

    Inscricións:

    É precisa inscrición previa.

    A Aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a programación dous cursos que se levarán a cabo nas instalacións situadas non Centro Cívico de Eirís.

  • Arredor da roda

    Cando:

    26/10/2021

    Cántigas da Terra presenta, no Teatro Rosalía Castro, un espectáculo adicado á zanfona, un dos instrumentos tradicionais galegos máis representativos e singulares.

  • Xornada "Muller migrante emprendedora"

    Cando:

    30/10/2021

    Inscricións:

    A entrada é gratuita ata completar aforo. Inscricións no correo electrónico mullermigranteemprendedora@gmail.com

    A xornada "Muller migrante emprendedora" trata de poñer en valor proxectos levados a cabo por mulleres migrantes en A Coruña. A proposta parte de Isabel Martínez, que está a facer o seu TFM neste ámbito.

  • Xornada sobre a implicación cidadá na restauración dos ríos urbanos

    Cando:

    25/10/2021

    Inscricións:

    A asistencia e participación é gratuíta e aberta a todos os interesados, previa inscrición no enlace bit.ly/2YZk11T

    O departamento de Enxeñaría Civil da UDC organiza unha xornada sobre a implicación cidadá na restauración dos ríos urbanos. Desenvolverase cunha sesión de conferencias durante a mañá e cun roteiro pola tarde polo curso fluvial Monelos.

  • Posto de arquitecto/a superior en réxime de interinidade para o Concello de Bueu

    Inscricións:

    Ata o 19/11/2021

    O Concello de Bueu convoca proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de arquitecto/a superior en réxime de interinidade, polo sistema de concurso-oposición.

  • Ciclo de cinema 'Directores Italianos' en Afundación

    Cando:

    Dende o 08/11/2021 ata o 29/11/2021

    Afundación presenta, neste novo ciclo, unha selección de filmes dirixidos por tres destacados directores italianos. Estas catro películas, que tratan temas tan diversos como o humor, a ironía, a paixón pola arte, a intriga ou o amor, compoñen unha mostra pequena aínda que representativa das tendencias do cine italiano actual.

  • Concurso de carteis anunciadores da 47ª Festa do Queixo

    Inscricións:

    Ata o 10/12/2021

    A Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa convoca este certame para escoller o cartel que anunciará a 47ª edición da Festa do Queixo de Arzúa, a cal terá lugar os días 4, 5 e 6 de marzo do 2022.

  • Listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de catedráticos e do corpo de profesores de música e artes escénicas

    Inscricións:

    Ata o 03/11/2021

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo catedráticos de música e de artes escénicas (593) especialidade guitarra (035) e no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), nas especialidades de frauta de bico (411) e instrumentos de corda pulsado, do renacemento e do barroco (417).

resultados 199

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión