Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

168 resultados

  • Summer Undergraduate Fellowship Program 2023

    Cando:

    Dende o 26/06/2023 ata o 25/08/2023

    Inscricións:

    Ata o 30/01/2023

    A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a III edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa internacional de estadías de investigación durante os meses de verán, dirixido a estudantes universitarios galegos da área de ciencias da vida. Nesta convocatoria tense prevista a concesión de 10 bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas.

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Cando:

    Os días 24/02/2023 ás 08:30 , 10/03/2023 ás 08:30

    Inscricións:

    Dende o 30/01/2023 ata o 03/02/2023

    A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as/os Maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2023, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e UVigo).

  • Big Data - Curso de formación para o emprego

    Cando:

    Dende o 16/01/2023 ata o 17/02/2023

    O Concello da Coruña, dentro do programa Actualízate, oferta este curso gratuíto para persoas desempregadas para o que non se necesitan coñecementos previos. Conta cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25 % dos estudantes que finalicen o programa

  • XVI edición do programa Explorer de emprendemento

    Cando:

    Dende o 30/01/2023 ata o 30/04/2023

    Inscricións:

    Ata o 13/12/2022

    A Universidade da Coruña participa na XVI edición do programa Explorer de emprendemento para o alumnado do Banco Santander.

  • Mercado das Nubes de Nadal

    Cando:

    Dende o 16/12/2022 ata o 18/12/2022

    O Mercado de San Agustin acolle de novo este Nadal o "Mercado das Nubes", o mercadillo onde atopar productos diferentes e singulares, gozar da gastronomía ou da música en directo.

  • 858 prazas para auxiliares de conversa no estranxeiro, curso 2023-2024

    Inscricións:

    Ata o 28/12/2022

    ás 14.00 horas.

    O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca prazas para auxiliares de conversa españois no estranxeiro co obxecto de levar a cabo tarefas na aula como axudantes de prácticas de conversa en español baixo a dirección dun profesor titor.

  • Ciclo de conferencias "Castrexos e romanos"

    Cando:

    Dende o 14/12/2022 ata o 21/12/2022

    A Casa Museo Casares Quiroga acollerá o ciclo de conferencias "Castrexos e romanos", organizado pola Asociación Histórico-Cultural Gallaecia Viva en colaboración con Torre de Hércules e Museos Históricos da Coruña.

  • Cursos trimestrais de golf

    Cando:

    1º trimestre de 2023

    Inscricións:

    Dende o 01/12/2022 ata o 11/12/2022

    O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Deportes, abre o prazo de solicitude para os cursos trimestrais de golf que se impartirán no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules de xaneiro a marzo de 2023

  • Bolsas de danza contemporánea "DanceWeb" 2023

    Cando:

    Dende o 05/07/2023 ata o 09/08/2023

    Inscricións:

    Ata o 15/12/2022

    O Programa de Bolsas danceWEB 2023 levará a cabo do 5 de xullo ao 9 de agosto de 2023 no marco de ImPulsTanz – Festival Internacional de Danza de Viena e estará acompañado artisticamente pola mentora de danceWEB 2023, a creadora e intérprete canadense Clara FuRey .

  • Actividades socioculturais nos centros cívicos municipais: xaneiro-maio

    Cando:

    Dende o 30/01/2023

    Inscricións:

    Dende o 13/12/2022 ata o 15/12/2022

    Publicada a nova convocatoria de obradoiros e actividades socioculturais que se realizarán de xaneiro a maio de 2023 nos centros cívicos municipais, dependentes da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña.

resultados 168

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión