Programa de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia
Que é MOCIDADE SF?
MOCIDADE SF é un proxecto de dinamización xuvenil que se desenvolve no Barrio da Sagrada Familia co obxectivo de crear un espazo de referencia para a mocidade da Sagrada Familia e arredores, onde a xuventude poida realizar actividades do seu interese en grupo.
Esta iniciativa nace dunha proposta da cidadanía ao Concello, que este recolle -a través da Concellaría de Participación e Innovación Democrática- para incidir na mellora da súa calidade de vida así como da veciñanza. A filosofía deste proxecto baséase en escoitar os intereses e as necesidades da mocidade, crear vínculos de confianza coas persoas e dotalas de ferramentas para que elas mesmas poidan organizarse e decidir dentro deste espazo. Deste xeito, ponse en marcha unha experiencia de aprendizaxe para a participación; unha iniciativa na que os grupos de mozas e mozos -que quedan normalmente excluídas dos espazos de decisión- formulan as súas inquietudes e elaboran respostas propias de acción para a transformación da súa realidade e mellorar as súas opcións de ocio e tempo libre.
En MOCIDADE SF participan diferentes persoas dinamizadoras que colaboran coa mocidade asistente para levar a cabo as súas ideas de actividades para o espazo.
Onde está?
O proxecto centra a súa atención na Sagrada Familia, un barrio cunha alta densidade de poboación, que presenta unha gran diversidade cultural e padece unha serie de problemáticas sociais específicas (desemprego, rendas baixas, violencia de xénero etc.). A iso únese un marcado baleiro no referido ás actividades e aos espazos dirixidos á poboación xuvenil. O proxecto MOCIDADE SF desenvolve as súas accións na 4ª planta do Centro Social Sagrada Familia (r/ Sagrada Familia, 26)
Cando podes asistir?
De luns a venres de 16.30 h a 20.30 h
A entrada é de balde e aberta a toda a mocidade que queira participar de maneira activa na proposta de actividades e desenvolvemento de MOCIDADE SF.
Como funciona MOCIDADE SF?
As normas do espazo páctanse colectivamente, existen unhas normas básicas de convivencia establecidas polas dinamizadoras. Todas e todos comprometémonos a coidar do espazo, das persoas e das relacións.
As decisións das actividades para desenvolver son asemblearias. O funcionamento é por troque: o uso do espazo por algo que ti queiras achegar (unha clase, xestión de actividades, compromiso de participación...)
Cales son os obxectivos de MOCIDADE SF?
O proxecto nace co obxectivo de fomentar a participación da xente moza do barrio da Sagrada Familia, aumentando as súas capacidades para dar resposta ás súas propias capacidades e intereses. Para conseguilo, a iniciativa MOCIDADE SF parte duns obxectivos concretos:
Que tipos de actividades podes atopar?
En MOCIDADE SF as actividades son propostas polas mesmas persoas que acoden ao espazo. Nesta iniciativa é importante que a toma de decisións e organización das accións partan da mesma mocidade que despois asistirá, polo que son elas mesmas quen deciden.
Algunhas das actividades que foron propostas pola mocidade desde a apertura do espazo, son: clases de baile, clases de cubo de rubik, charlas sobre o maltrato animal, espazo para xogos, apoio escolar, creación dun clube de lectura etc.
Como podes participar?
Achegándote ao espazo e... formando parte do grupo!
As axudas poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2022, aínda que a data de recoñecemento fose posterior, sempre que o correspondente contrato de alugamento ou cesión de uso estivese vixente nesa data.
Dende o 01/07/2022 ata o 31/10/2022
ou ata o esgotamento do crédito orzamentario. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal/
+info sobre Chave365
Dende o 01/07/2022 ata o 30/09/2022
Dende o 27/06/2022 ata o 06/07/2022
até as 13.00h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible