Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

1. DESCUBRIR A INFORMACIÓN

Descrición

Descubrir a información é unha proposta da Rede Municipal de Información Xuvenil  para aproximar as mozas e mozos o funcionamento dun centro informativo e documental.

Na actual sociedade da información, o volume de datos que se xera pasa con frecuencia as posibilidades de convertelos en coñecemento, de aí a importancia dos centros de información e documentación como axentes ponderadores que poidan facilitar a transmisión de información ao público, para así facilitar as posibilidades de que esta se converta en coñecemento.

Visita ao Espazo de Información Xuvenil Fórum Metropolitano  de 90 minutos de duración, cunha actividade prática de procura, seleción e tratamento de información de interese xuvenil.

Persoas destinatarias

ESO, bacharelato, ciclos medios e superiores de FP, PCPI´S, Educación de Adultos.

Finalidade e obxectivos

Dar a coñecer entre a mocidade,  a Rede Municipal de Información Xuvenil e, en concreto, o Espazo de Información Xuvenil Fórum Metropolitano,  como un recurso informativo e documental á súa disposición.

Desenvolver competencias e habilidades para a seleción informativa en diversas fontes que permita o seu tratamento para a obtención de coñecemento.

Transmitir a diferencia e a interdependencia entre información e coñecemento.

2. VISITAS A  CENTROS EDUCATIVOS

Descrición

A visita comezará no IES, CPR, CIFP ou EPA da cidade que o solicite.

Darase a coñecer as mozos e mozas da cidade os recursos que teñen dispoñibles en materia de xuventude (educación, cultura, ocio e tempo libre, mobilidade, carnés xuvenís, etc...). A temática adaptárase ao nivel educativo e as necesidades informativas do colectivo escolar.

Persoas destinatarias

ESO, Bacharelato, Ciclos medios e superiores de FP, PCPIs, Educación de Adultos.

Condicións do programa

Confirmarase coa entidade con 10 días de antelación.

Horario

De luns a venres en horario de mañá e tarde

Duración aproximada

Variable según a dispoñibilidade do centro e os contidos da charla.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión