Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, convoca o programa educativo "Antenas de Información Xuvenil (AIX)", coa intención de crear pequenas sucursais dos Espazos Municipais de Información Xuvenil en centros educativos da cidade.

Estes pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, conectan os Espazos de Información Xuvenil do concello coa mocidade achegándose aos centros educativos a través dun programa de "difusión de información entre iguais".

Cada antena comprende:

  • Un espazo físico no centro desde o que se difundirá información de interese xuvenil proporcionada semanalmente polos Espazos Municipais de Información Xuvenil do Concello da Coruña.
  • Canles dixitais de interese xuvenil.
  • E, o máis importante: unha persoa ou un grupo de persoas, as/os antenas.

CALES SON OS REQUISITOS PARA SER UNHA ANTENA DE INFORMACIÓN XUVENIL?

  • Ter un mínimo de 15 anos e un máximo de 25 anos cumpridos no ano natural de inicio do curso.
  • Estar matriculado nunha escola pública (IE, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Escola de Deseño Pablo Picasso e Conservatorio Profesional de Música), ou nun centro concertado con ESO e bacharelato da cidade que asinou un convenio de incorporación ao Programa Antenas de Información Xuvenil.
  • Presentar candidatura individual ou conxunta, neste caso será ata dúas persoas por centro.
  • Ter dispoñibilidade para dedicar o tempo suficiente ao desenvolvemento das funcións de Antena e cumprir cos compromisos do programa.
  • Non se poderá presentar quen exercese como Antena por un máximo de tres cursos e aquelas persoas que exercesen como Antena e demostrasen o incumprimento dos compromisos que implica a participación no programa.
  • Se a persoa solicitante é menor de idade deberá presentar un permiso da nai, pai ou quen exerza a titoría legal, autorizando a participación no programa.

COMPROMISOS DAS ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

  • Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen.
  • Establecer un acordo de incorporación para desenvolver este programa.
  • Estar en comunicación permanente cos Espazos de Información Xuvenil.
  • Manter o espazo informativo e as canles dixitais de información actualizadas semanalmente, de forma ordenada e atractiva.
  • Difundir a información de interese xuvenil a través dos medios de comunicación ao seu alcance: redes sociais, compañeiras/os de instituto, delegadas/os de clase etc.
  • Animar as/os compañeiras/os a participar da información e achegar inquietudes, intereses, ideas ou opinións.

CONTRAPRESTACIÓNS

  • Recibir formación en materia de información xuvenil: dinamización da información, xestión de redes sociais etc.
  • Recibir gratuitamente o carné internacional de estudante e o carné de alberguista durante o ano escolar no que participe como Antena de Información Xuvenil.
  • Obter un certificado oficial que acredite a túa participación no programa.
  • Recibir entradas a eventos organizados ou programados polo concello (concertos, eventos deportivos, cinema, teatro..) sempre que as condicións sanitarias o permitan.
  • Compensación económica de 100,00 euros brutos por colaboración educativa. Esta compensación realizarase unha vez que se complete o proxecto anual. A compensación económica é por proxecto de antena, polo que no caso de que existan 2 persoas no proxecto, a compensación sería de 50,00 € para cada unha delas.

PROXECTOS DE NATUREZA SINGULAR

De forma excepcional, poderán presentar un proxecto de aula aqueles centros docentes do Concello da Coruña que xustifiquen que xa existen proxectos de información e dinamización da información xuvenil no centro, ou que o proxecto presentado sexa un proxecto de centro no que colaboran máis de 2 persoas e que a/o responsable del sexa un ou unha docente.

No caso de incorporar proxectos que reúnan as características anteriores, a compensación pola participación no programa recaerá no centro educativo e será a mesma que a concedida a un proxecto de antena tradicional.

Outros contidos relacionados

  • Bases convocatoria Curso 2022-2023 (5 MB)
  • Formulario de solicitude Curso 2022-2023 (174 KB)
  • Listaxe definitiva de persoas seleccionadas para participar no programa “Antenas de Información Xuvenil (AIX) 2022-2023" (367 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión