Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Que non se che pase

  • Bolsa de emprego de monitor/a de tempo libre para A Pobra do Caramiñal

    Inscricións:

    Ata o 24/06/2021

    O Concello de A Pobra do Caramiñal convoca proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para a elaboración dunha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de monitor/a de tempo libre.

  • Escola de verán de remo

    Cando:

    xullo e agosto 

    O Club de Regatas Salgado-Perillo organiza a Escola de Verán, cursos quincenais de remo destinados a mocidade entre 10 e 15 anos nos que, ademais de aprender a remar, poténcianse os valores de equipo, compañeirismo e solidaridade.

  • Técnico ou técnica especialista en actividades culturais para a USC

    Inscricións:

    Ata o 07/07/2021

    A Universidade de Santiago de Compostela convoca probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista en actividades culturais, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. O sistema de selección será o de concurso-oposición.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

    Cando:

    28/06/2021

    A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade, antes Servicio Voluntario Europeo (SVE). As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

  • Campamento de verán, Aberto por Vacacións: que queres ser de maior?”

    Inscricións:

    Ata o 18/06/2021

    Un verán máis, a Fundación María José Jove oferta o campamento de verán Aberto por Vacacións, dirixido a nenos/as entre 6 e 12 anos e que se celebrará en módulos semanais a elixir durante o mes de xullo de 2021

  • A Memoria diversa

    Cando:

    Dende o 18/06/2021 ata o 19/06/2021

    Inscricións:

    É preciso inscrición previa.

    A Deputación de A Coruña organiza no Pazo Mariñán estas xornadas co fin de recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e para darlle visibilidade a aquelas persoas que loitaron pola visibilización e dignificación do colectivo, así como as vítimas da represión e o rexeitamento por cuestión de orientación ou identidade de xénero. Interésanos a perspectiva social, política e humana da diversidade.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en Twitter

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión