Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Prazas nos centros residenciais docentes para realizar estudos postobrigatorios non universitarios

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para alumnado que no curso académico 2021/22 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Alumnado de bacharelato: 17 de xuño ao 9 de xullo. Alumnado de ciclos formativos: 17 de xuño ao 2 de agosto. Prazo extraordinario, no caso de existir vacantes, entre o 14 e o 22 de setembro de 2021.  

Duración:

O período de funcionamento dos centros residenciais docentes coincidirá co calendario escolar.

Requisitos:

  • Persoas matriculadas en estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo, no curso 2021/22. No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.
  • Non repetir curso; e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa.
  • A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
    • Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza.
    • E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
    • Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
  • As solicitudes valoraranse conforme criterios socioeconómicos e de rendemento académico. Os criterios socioeconómicos abranguen: composición da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar e renda da unidade familiar. A renda da unidade familiar que se terá en conta é a do exercicio fiscal 2019 e obterase pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

Remuneración / Dotación:

Modalidades de adxudicación praza:

  • Adxudicación de praza gratuíta: 
    • Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 688/2020, do 21 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019/20 (Boletín Oficial del Estado núm. 199, do 22 de xullo).
    • Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Adxudicación de praza bonificada cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
    • Ata un 10 %: 578,32 €.
    • Máis do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €.
    • Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €.
    • Máis do 30 %: 2.112,22 €.
    • O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xefatura Territorial 

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 A Coruña

Teléfono: 981184701

Centro Residencial Docente da Coruña

Rúa Salvador Allende, nº 13. 15174 Culleredo

Correo electrónico: credo.coruna@edu.xunta.es

Telf. 981 667 836

Publicación: DOG 16/06/2021

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED306A

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión