Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

 

A Coruña é unha cidade que che ofrece unha infinidade de posibilidades se o que che gusta é o deporte. Podes atopar unha oferta que abarca a inmensa maioría das disciplinas deportivas, ademais dun importante número de instalacións públicas e privadas, sen esquecer unha contorna natural dominada, como non, polo mar, con todas as posibilidades que este ofrece para o desenvolvemento de moitas prácticas deportivas.

O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña proporcionarache información detallada non só de todas as convocatorias do ámbito municipal que é moi ampla e interesante: dende escolas deportivas organizadas dende o propio Concello ata subvencións para a túa entidade, senón tamén información sobre:

Instalacións deportivas municipais

Instalacións deportivas doutra titularidade

Federacións deportivas galegas

Sociedades e clubs deportivos

Se o que che gusta é o deporte vinculado á natureza, recomendámosche que consultes as ofertas das diferentes empresas de turismo activo que podes coñecer a través do site de Turgalicia onde o exercicio e a actividade deportiva -vinculada máis á natureza que á propia competición- é protagonista: barranquismo, sendeirismo, equitación, escalada e case todas as propostas imaxinables neste ámbito.

Convocatorias

  • Escola de verán de remo

    Cando:

    xullo e agosto 

  • Programa NEO

    Cando:

    Mes de agosto 2021

    Inscricións:

    O periodo de inscrición será do 28 de xullo ás 10.00 h ata o 30 de xullo, ata ás 12.00 h

  • NEO en CCM Visma

    Cando:

    Inscricións dende o 28/07/2021 ás 10:00 h. ata o 30/07/2021 ás 12:00 h.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión