Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

II Certame de Literatura LGTBI+ Atlantic Pride

Atlantic Pride convoca a 2ª edición do Certame de Literatura LGTBI+, en colaboración co club de lectura QUEERuña, para visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+. Como novidade este ano teñen cabida todos os xéneros: poesía, teatro, narrativa, ensaio...

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/04/2023

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas maiores de idade residentes en Galicia, con traballos en galego ou castelán, orixinais e inéditos, non publicados en ningún tipo de formato, non premiados ou pendentes de decisión en outros concursos ou á espera de resposta de procesos editoriais.
  • A temática libre, con vinculación á diversidade LGTBI+
  • O texto enviarase por correo-e a certamerelatos@atlanticpride.es en formato pdf e en documento tamaño DIN A4. Máximo 10 páxinas. Tipografía Times New Roman tamaño 12, interlineado 1
  • Só se admitirá unha obra por persoa

Remuneración / Custo:

  • 1º Premio: 600 €.
  • 2º Premio: 300 €
  • 3º Premio: 100 €

Publicarase un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado

Páxina web:

http://atlanticpride.es/certame

Contacto:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión