59 resultados
Ata o 20/04/2023
O Concello de Pontedeume convoca a XXXIII edición do concurso de contos en galego no que poderán participar estudantes de ESO, Bacharelato e FP menores de 20 anos.
Ata o 15/06/2023
A Casa-Museo Manuel María publica as bases da segunda edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. O certame ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
Ata o 15/05/2023
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Kalandraka Editora, convoca o XVI Premio Internacional “Compostela” para Álbumes ilustrados, que ten como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.
Ata o 12/04/2023
O Concello de Ames convoca o XX Certame Literario de Ames.
Ata o 30/04/2023
O II Certame de Microrrelatos Feministas da Universidade da Rioxa preséntase dentro do Marco das Actividades Culturais organizadas e patrocinadas pola Universidade da Rioxa durante o ano 2023. O certame ten como obxectivo impulsar a produción literaria da comunidade universitaria e da poboación en xeral, ademais de reivindicar a visibilización e os dereitos das mulleres e traballar en prol da igualdade e dun mundo máis xusto.
Ata o 31/03/2023
o prazo de recepción de vídeos estará aberto ata o 21/04/2023
Volve en 2023 o concurso de debate escolar "Regueifiñas", unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para fomentar o debate arredor de temas temas actuais e trascendentes para a sociedade.
Ata o 21/04/2023
A Universidade da Coruña por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico, convocan a V edición dos premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico, destinado ao alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.
Ata o 17/04/2023
Radio Nacional de España, coa colaboración da Plataforma Eloquenze.com, convoca a 3ª edición do Concurso Nacional de Podcast Escolar destinado a centros educativos de España
Ata o 15/04/2023
O Concello de Cambre convoca a XXIX Edición do Certame Literario Xoán Díaz, no que se establecen as modalidades de poesía, narración breve e microteatro.
Ata o 01/04/2023
O histórico programa da 2 "El escarabajo verde" organiza o primeiro certame de curtametraxes sobre temática ambiental para mozas e mozos.
resultados 59
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible