Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

46 resultados

  • Profesorado en seccións bilingües de español en Centros educativos no estranxeiro

    Inscricións:

    Ata o 14/04/2023

    ata as 14.00 h. 

    O Ministerio de Educación convoca prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2023-2024.

  • Bolsas para deportistas da provincia para o ano 2023

    Inscricións:

    Ata o 19/04/2023

    ás 14:00 horas.

    A Deputación Provincial da Coruña convoca 45 bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas especialidades deportivas, como posibilitar a participación en eventos deportivos.

  • Bolsas de investigación para o ano 2023

    Inscricións:

    Ata o 14/04/2023

    ás 14:00 horas.

    A Deputación Provincial da Coruña convoca 20 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2023-2024, cunha duración mínima de nove meses.

  • Bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos para o ano 2023

    Inscricións:

    Ata o 20/04/2023

    ás 14:00 horas.

    A Deputación Provincial da Coruña convoca vinte e cinco bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra de Galicia durante o período 2023-2024.

  • 2 bolsas de formación práctica en pesca e acuicultura

    Inscricións:

    Ata o 10/04/2023

    O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca dúas bolsas de formación práctica para o perfeccionamento técnico-profesional en materia de pesca e acuicultura.

  • 2ª Edición de "Xeración Propósito"

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2023

    A Fundación Princesa de Xirona presenta a 2ª convocatoria de "Xeración Propósito", un programa dirixido a mozos con potencial de desenvolvemento e con vontade de crear un futuro máis inclusivo e sostible nos ámbitos da saúde e a calidade de vida, a sostibilidade e o medio ambiente, a igualdade de oportunidades, a educación, a cultura ou o Tech for Good,

  • Axudas para alumnado de ensinanzas artísticas superiores que participa no programa de mobilidade Erasmus+

    Inscricións:

    Ata o 20/04/2023

    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2022/23.

  • Plan de dinamización cultural nos barrios da cidade da Coruña 2023

    Inscricións:

    Ata o 03/04/2023

    O Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) publica a presente convocatoria para que as Asociacións Veciñais da Coruña que así o desexen presenten os proxectos culturais e festivos que queiran propoñer dentro da programación de festas dos seus respectivos barrios, co fin de desenvolver conxuntamente programas que axuden a dinamizar de xeito descentralizado a oferta cultural.

  • Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/2022

    Inscricións:

    Ata o 20/04/2023

    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior coa finalidade de dar recoñecemento público aos méritos das persoas que finalizaron no ano 2022 os estudos de formación profesional de grao superior cun excelente rendemento académico.

  • Campus de profundización científica

    Inscricións:

    Ata o 21/04/2023

    ás 14.00 horas.

    O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 80 bolsas para participar no programa «Campus de profundización científica para estudantes de educación secundaria obrigatoria» en Soria durante o mes de xullo de 2023.

resultados 46

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión